Mostrando entradas con la etiqueta zarco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta zarco. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de diciembre de 2011

PAN DE ZARCO ( ANCARES )

O 2011 está a piques de rematar , e para despedir o primeiro ano completo da nosa sección de btt , tiñamos que facer algo totalmente distinto , e así foi que gracias ás inquedanzas de Maga , nos diriximos un pequeno grupo a modo de avanzadilla ata o "mortirolo" español , e o dende hoxe famoso Pan de Zarco .
A idea era ir a sondeala zona para establecer no futuro un centro de saidas nos Ancares , e as sensacións foron boas , co cual coidamos que a partir de agora cada ano tentaremos de ir un nutrido grupo dos bttranos a pasar uns dias na zona e disfrutar da natureza , da compañia e da bici .
Pero descartamos voltar neste tempo e por un so día . Chegamos a eso das 10 da mañán , logo de sair ás 6 , e con moita precaución por mor das pracas de xeo , coas que José Luis soupo lidiar , eso si , nas bicis nos deron máis de un susto . Establecemolo campamento base na localidade leonesa de Balouta , para así ter uns kilómetros de rodaxe antes do inicio da ascensión . Xa de novo en Galicia nos atopamos en Murias co inicio da ascensión , quedamos de reagruparnos nas " Brañas de Pan de Zarco" , un conxunto de edificacións para o gando e cunha fonte de auga miragreira que formaba as brañas da zona . Foi curiosa a chegada de Maga cun canciño que o acompañaou a modo de gregario toda a ascensión . A partir deste punto a neve fiso acto de presenza sobre a pista e canto máis ascendiamos en cota , máis grosor tiña o manto branco . Chegados o cruce de camiños e novo voltamos a reagruparnos coa presenza de dous mastíns que coidaban dunhas fermosas tenreiras galegas e cos cuales Suso entablou amizade . So quedaba o tramo final e remataríamola ascensión , se todo o camiño nos acompañaron uns paisaxes de fermosura sen igual , as vistas dende a cima do porto a 1648 metros de altitude era espectaculares .
So quedaba descender ata o campamento base polo que repetiriamolo tramo ata o cruce de pistas pero agora en descendo , eso si coido que a pesar da pendente , ascendemos a maior velocidade do que o fisemos costa a baixo , era unha pista de patinaxe e as caidas do comenzo da xornada , dabanos boa conta do que nos podía acontecer en caso de arriscar , polo que o tomamos con moita calma , e unha vez chegados de novo cruce de pistas e pedir permiso de paso ós mastíns , so que daban descendelos derradeiros 3 kilómetros ata a Balouta . Logo nos metemos unha suculenta comida entre peito e espalda , que ben merecida a tiñamos , pola toleria que estabamos a realizar neste día Suso , Maga , Zarco , José Luis e Julio , pero que realmente mereceu a pena .
AQUÍ PODEDES VELAS FOTOS
AQUÍ PODES CONSULTALOS DETALLES DA RUTA
VIDEO DA CHEGADA AS BRAÑAS DO PAN DE ZARCO
VIDEO CHEGADA ALTO DA BALOUTA

viernes, 23 de diciembre de 2011

jueves, 8 de diciembre de 2011

FOTOS NEGREIRA-FISTERRA

lunes, 7 de noviembre de 2011

O CAMIÑO MÁIS BTTRANO III

ETAPA 3. PALAS DE REI – SANTIAGO . 69 KILÓMETROS
Etapa rompepernas de novo , constantes ascensos e descensos por vales e rios que desembocan no Tambre . Paso fugaz por Melide e continuar ata que paramos en Boente para reagruparnos e deixala sinatura do noso paso pola localidade feito do cal se encargou neste caso Hermínio cunha caligrafía digna do mellor escribano . Ó pasar Arzua paramos a almorzar uns bocatas e unhas cañas que ben as tiñamos gañadas , pois íamos sobre o mellor dos horarios previstos .
Na nosa ruta coincidimos todo o dia cunha expedición que viña facendo o camiño correndo dende León , por relevos ata o monte do Gozo dende onde xa baixarian todos xuntos ata a catedral , e que tiñan un ritmo impresionante , xa que ian á par de nós , eso si eles non paraban nas tabernas , incluso apostamolo pulpo con eles , sabedores de que iamos a gañar , ó remate coincidimos todos xuntos no monte do Gozo , e claro dende ahí xa non tiñan nada que facer polo cal , como bos anfitrións galegos deixamos sen efecto a aposta .

Antes de O Pino un novo reagrupamento para recuperar forzas e tomala última do camiño . A próximidade da chegada a Compostela facía que Cobas e Hermínio alentasen ó grupo coas suas mensaxes de ánimo e de xubilo polo obxectivo cumprido e así foi que no preambulo á chegada , e no monte onde se divisan as torres da catedral sucederonse os abrazos , as felicitacións e as fotos de rigor , ata algún ofreceu a súa montura o Santo Apostolo “jindando” con ela en tan solemne lugar .
So quedaba descender ata o remate do camiño na praza do Obradoiro , onde de novo voltaronse a repetilas esceas do monte do Gozo , e donde nos emprazados mutuamnete para novas xuntanzas ,como a do próximo 6 de Nadal , data na cal faremolo tramo entre Negreira e Fisterra .
A sorte estivo do noso lado todo o camiño , nin roturas nas monturas , nin auga dende o ceo , nin percance algún salientable , eso si , como se o Santo estivera detrás desta “dicha” , foi collela compostela e comenzar a abrilo ceo e descargala auga dos sete mares , ¡¡¡¡ pero nós xa tiñamolo obxectivo conquerido !!!! .

Non podíamos rematala fazaña sen adorar ós deuses Baco e Neptuno , degustando unhas cuncas de viño e un bo polbo antes de chegar a casa e poñelos dende longos ós que aqui quedaron e non forón da partida .
O camiño de Santiago xa non voltará a selo mesmo logo do paso dos bttranos de Negreira que foron deixando o nome da nosa localidade por todo ó alto alí por onde pasaron .
Isto non fiso máis que empezar , continuará ...................... .

viernes, 4 de noviembre de 2011

O CAMIÑO MÁIS BTTRANO II


ETAPA 2 . TRIACASTELA – PALAS DE REI . 66 KILÓMETROS .

Comenzou a xornada dominical cunha ascensión , así xa en frío ata o alto de Riocabo pero cunha paixase de gran beleza que facía mais grato o sufrimento . Logo desta primeira dificultade iniciamolo descenso ata Sarria , onde Juan por fín poido disfrutar do lindo polos carreiros que surcaban  as máis singulares carballeiras do noso percorrido. Nesta localidade e antes de afrontala subida ata Cortiñas , fisemola parada de rigor para repoñer forzas e entablar conversa con outros peregrinos . A baixada a Portomarín tivo algún que outro susto xa que unha vaca case embiste a Juan e ó pouco Hermínio case fai o mesmo con Zarco , pero todo quedou neso un susto .
 Na localidade ós pés da cal está o embalse de Belesar , que debido á seca deixaba o descuberto tódalas antigas edificación existentes antes da construcción do mesmo , demos boa conta do avituallamento que o noso equipo de apoio nos tiña preparado .
Esperabannos 14 kilómetros dunha ascensión tendida ata pasala localidade de Ventas de Narón , e dende aqui un trazodo rompepernas nos conduciría ata Palas de Rei . Comida , paseo e tarde de fútbol ata a hora de cear . Aquí foi onde os tres mosqueteros , Aramis Cobas , Athos Juan e Portos Gerardo lamentaron que non nos acompañase algún dos asiduos ás partidas de cartas do Suarez , xa que ese dia co cambio de hora a tarde foi longa e tanto D´artagnan Zarco , así como Richelieu Hermínio non facían punto ,  nin tampouco ningún do resto de mosqueteros que os acompañaba , teremos que poñernos a elo para que na próxima non volte a ocurrir isto .
Na cea entablamos conversa cun veciño de Dumbria que tiña un asador preto de alí e co cal quedamos emprazados para facerlle unha visita algún día e degustala sua exquisita carne como el a definiu .  
Esa última noite e por casualidades do destino e como despedida , tocou durmir a toda a expedición xunta , ó mellor por iso ou por casualidade non fiso acto de presencia a orquesta da noite anterior .

jueves, 3 de noviembre de 2011

O CAMIÑO MÁIS BTTRANO

ETAPA 1 . PONFERRADA – TRIACASTELA . 72 KILÓMETROS 

A idea inicial dun grupo de xente de Brión , entre ós que se atopaban algunhas “cabras” como Julio e Trigo , de facelo camiño de Santiago partindo de Ponferrada para chegar ata a cidade compostelán  , comenzou a cobrar forza no noso grupo logo de que Cobas nos fisera chegala idea .  Así foi como dende un primeiro momento xa se uniron a Cobas , Gerardo e Juan , non tardando moito en facelo Zarco , e finalmente  Herminio tamén se apuntou . Os cinco intrepidos aventureiros BTTranos de Negreira unironse así pois a expedición composta por José Luis , Marcos , Miguel , e Nacho ,ademais dos xa mencionados Julio e Trigo . Na loxística tiñamos o apoio de Dora e  a us fiel escudeira que  en todo momento fiseron a nosa andaina máis cómoda e doada , cousa que nunca poderemos agradecerllo de forma axeitada .
Saímos o venrés cara Ponferrada nun coche guiado maxistralmente por Cobas e Gerardo , chegando á localidade de saída xa ben entrada a noite , logo da primeira caña (xa atopamos un local de estrella Galícia nada máis chegar) , xuntamonos cos oito que sairan dende Brión coas nosas monturas e parte dos enseres , e logo dun tentempe , fomonos a descansar no albergue de San Nicolás de Flüe da citada localidade .
 O sábado comenzamos cun bo desaiuno para quentalo  corpo , ainda non abrira o dia cando saimos , pois non era ata a madrugada seguinte cando se produciría o cambio de hora . A primeira parte da xornada discurria por terreo máis ou menos chan , e cunhas temperaturas baixo cero , o que facía que algún se lembrase das amputacións que Juanito Oiarzabal sufriu nas suas falanxes . Logo dun par de paradas de reagrupamento en Cacabelos e Villafranca , chegamos a Vega de Valcarcel onde demos conta dun merecido almorzo , para repoñer forzas antes de asumila dificultade da xornada , que non era outra que a ascensión ó alto do Cebreiro . En oito kilómetros íamos salvar 690 metros de desnível , cunha pendente media entorno ó 8,5 %  , e cunha rampa do 25% , e algunha outra do 17,5% , 12,2% , 11,4% , 9,5% ...... . Logo disto era merecido tomarse un descanso e unha caña , pois ainda quedaban 22 kilómetros ata ó remate da xornada .
Quedabanos ainda por conquistalo punto mais alto , que nos atopariamos dende o inicio do camiño ata chegar a Santiago , o alto do Poio de 1330 metros de altitude . Pero antes deste punto reagrupariamonos a carón dunhas das típicas imaxes do camiño . So quedaba baixar ata Triacastela onde nos esperaba unha repoñedora comida , e na cal se nos ofrecia queixo do Cebreiro , pero algún comentou que do Cebreiro non queria voltar a oir falar .
Xa contra a noitiña tocou visitala cercana localidade de Samos , onde logo cearímos un suculento churrasquiño antes de ir a “descansar” . Gerardo tivo que dirixir toda a noite a orquesta “Sintonía BTTrana” , que actuaba no albergue Berce do camiño de Triacastela.

viernes, 21 de octubre de 2011

DIA DA BICI NO MILLADOIRO

Logo da invitación de José Luis , un novo compañeiro de aventuras , que está a sair algunha que outra vez con nos , decidimos participar no día da bici do Milladoiro , co único fín de fomentar o uso deste medio de transporte e disfrute .
Así as cousas dispusemonos a sair do sitio de costume , e logo do café matinal e de xuntarnos Marcos, Cobas , Maga , Victor , Herminio , Rafa e Iván , saimos dirección a Bertamiráns onde nos esperaban Basi e José Luis este último foi dende aquí o encargado de propoñer a ruta para achegarnos ó Milladoiro por pistas forestais .
Xa no sitio tomamos outro cafeciño mentrás esperabamola saida da ruta , na que logo de participar , voltaríamos a desandalo camiño para voltar unha vez máis a cumplila tradición de tomalos recontituintes callos no .Suarez

miércoles, 15 de junio de 2011

COÑECEMOS NEGREIRA A GOLPE DE PEDAL


FORMACIÓN DO NEGREIRA VETERANOS QUE TOMOU PARTE NO EVENTO
BUTI-SUSO-SANTI-MARCOS-YULI-YERAL-COBAS-HERMINIO-ZARCO-PACO-XANIN
(FALTA NA FOTO ALVARO)
 Non era o noso habitat natural , pero tíñamos que apoiar este evento organizado polo departamento de cultura e deportes do concello de Negreira e que contaba coa estimable colaboración do clube ciclista de Negreira .
E así foi como un nutrido grupo de BTTranos de Negreira se deron cita para formar parte desta iniciativa cicloturista que percorreu as duas arterias principais de comunicación do noso concello .
Uns oitenta esforzados do pedal sairon co único obxectivo de pasar un bo rato sobre as suas monturas . Logo de algún que outro axuste de última hora fomos paseniño achegandonos dende Negreira ata o Libreiro onde se procedeu a un reagrupamento , antes de inicialo descenso ata Mouris onde demos conta dun reconstituinte tente en pe , a base de bocatas variados , fruta , pastelillos e auga .
Logo de repoñer forzas so quedaba voltar por Romarís cara Negreira , cada cal o ritmo que creia convinte . Foi de regreso onde nos cruzabamos cos participantes do outro acontecimento deportivo da xornada e que non era outro que a copa galega de raid de aventura concello de Negreira , pero iste lonxe de rematar ainda tiñan unha longa xornada por diante .
Xa na praza do concello deuse por ramatada a cita deportivo logo do sorteo de algún que outro agasallo e o recoñecemento cun detalle ó clube ciclista de Marín .
Nós como de costume finalizamos repoñendo líquidos no local de sempre comentando o acontecido na matinal do sábado e concluindo que sempre estaremos para apoiar estas e outras iniciativas deportivas do noso concello .
Podes velas fotos no apartado correspondente do blog .

martes, 19 de abril de 2011

II BTT OS ESFOLA ARROS


Era a segunda proba a que asistiríamos na nosa curta vida como Btteros , e logo do inferno Mazarican , sobre todo polo climatolóxico , a nosa afluencia á de Brión foi un pouco "ILIADA" , así foi como baixo as ordenes de Agamenón Basante , tan so Marcos Ulises e Zarco Aquiles foron quen de representar ós principes gregos-veteranos na batalla dos esfola-troianos .
Comenzamos como en Mazaricos vendo os touros dende a barreira , e saindo ó final de todo sabedores de que a guerra duraría o que a de Homero .
Pero a diferencia coa de Mazaricos onde as primeiras ramplas eran por pistas anchas e que deixaban progresar de ser perciso , aquí ó pouco de comenzar atopamonos cunha tremenda montonera no traxecto que discurria paralelo ó "río" , que non deixaba abanzalas nosas tropas , pero neste caso o oráculo non profetizou ningún sacrificio para que comenzase a soplalo vento a nosos favor e os poucos conseguiamos movernos .
Coas primeiras ramplas comenzamos a xa disfrutar algo da proba e podemos facer algo de pedal . Logo chegaría a primeira trialera , era onde Basante perdería a súa virxinidade nas mesmas , a magoa que tamén perdeu parte do pelexo , o que o lastrou fisicamente un pouco de aquí ó final .
Viría a gran subida do día , a magoa que entre o tráfico e a gran cantidade de pedra moitos tramos tiñamos que descabalgar das nosas monturas para poder afrontala . Máis trialeras baixando cara Macedos e despois unha zona de rodar bastante chan ata chegar á sorpresa final ,unha baixada espectacular .
Batalla moi esixente en canto ós desniveis acumulados , ó polvo , á dureza da mesma , que forzou a mecánica ó límite no caso de Marcos Ulises, o cal tamén sufriu unha dolorosa caida  .
A sorte estivo do lado de Zarco Aquiles , ó cal non lle atoparon o seu talón tampouco nesta ocasión , pois non sufriu percance algún a non ser o que xa contaba con él por culpa dun inoportuno cambio de cadea nas visperas da proba , que o lastrou nas subidas .
Moi boa organización , cunhas animadoras belisimas , varios avituallamentos , moitos colaboradores , ben sinalizada , en fín que podemos decir , moi recomendable , ainda que eso si deben correxir algún pequeno detalle como o do poñer un embudo tan preto da saída .
Finalmente a longa guerra rematou e todos voltamos a casa satisfeitos de acadalo triunfo final , pasalo ben e rematala sen sobresaltos de importancia .

miércoles, 6 de abril de 2011

RUTA BASI

Este pasado Domingo foi Basi o encargado de tirar do pelotón , pois era o que tiña a tarefa de marcala ruta a seguir .
Quedamos como de costume á hora e no lugar xa tradicionais , de onde partimos Cobas , Maga e Zarco , no camiño quedaramos con Basi , xa xuntos os catros comentamolo encontro do día anterior , mentrás esperabamos a Juan que saíra con retraso , aquí foi onde nos atopamos coa sorpresa da xornada que non era outra que a Antenas , ó cal logo de moita insistencia forzamolo a subir ata o alto de Santa Cecia ou Ruibal .
Reagrupamento no alto , bebemos , comemos un pouco e descendemos cara Liñares polo único tramo sen asfaltar do que gozamos nese día . Antenas declina a oferta de seguirnos pois tiña premura por chegar a casa .
Esta zona é "abojosa" para o btt e por ilo nos cruzamos con varios esforzados deste deporte , que como nós disfrutaban dunha xornada estupenda en canto ó climatolóxico .
Unha vez chegado a carón do río non queda outra que subir cara Urdilde , pero antes de chegar a esta localidade diriximonos á aldea que viu nacer o pai do noso bravo central , eso sí para chegar a ela tiñamos que afrontar unha nova rampiña , que tería sorpresa , xa que cando case acadaramolo cumio , resulta que estaba cortada a carretera e tiñamos que dar un rodeo por onde voltabamos a coller un repeito que fixo flaquear a máis de un .
Logo dun merecido descansiño , continuamos ata dar na carretera de Noia a Santiago (agora sen moito tráfico)dirixíndonos a Urdilde (onde despedimos a Basi)a partir de onde desfacemos o camiño cara Negreira , e con puntualidade Suiza como recoñeceu Suarez , chegamos para tomalos callos e as merecidas cañas .
Por certo foi un día onde as monturas non estaban o cen por cen , e ó longo da semán varias forón as que visitaron ós doutores-velocípedos . Algunha incluso tivo que ser sustituida por non chegar a tempo a cita dominical , por unha montura doble-ríxida , con freos tradicionais e mecánica das de antes , pero que consiguiu rematala proba con notable alto .

lunes, 28 de marzo de 2011

I RUTA BTT CONCELLO DE MAZARICOS


Xa o dixo Felipe II "Yo envié a mis naves a pelear contra los hombres, no contra los elementos".
Esto foi o que poideron pensar moitos dos que se ausentaron da proba celebreda este pasado domingo en Mazaricos . Tratábase da I ruta btt do citado concello , e o día anterior fora un día de cans , pero tíñase a esperanza de que na xornada dominical o deus Cronos se compadecese dos esforzados btteros e lles dese unha tregua para so ter que mollarse dende abaixo e non tamén dende arriba . Magoa!!!! Cronos debeu sufrilos efectos do troco horario .
De 340 anotados apareceron 210 , entre eles como non , os BTTRANOS DE NEGREIRA , debutantes neste mundillo das probas organizadas , pero xa curtidos en miles de batallas polos campos de fútbol , onde o de ducharse en auga fría era como o pan do día , as "lamujeiras" a común das superficies no inverno , pasar frío , mollarse , mancarse , sangrar e suar eran elementos que formaban parte do xogo . Asique , dos lamentos de moitos , nós fixemolo noso gozo , camiños por onde baixaban verdadeiros ríos , lama por todos lados , frío , vento , auga , e 38 kilómetros para disfrutar . 
Diseñaron estes mazaricáns un roteiro con un par de trialeras nas que as ríxidas sufrian , un ascenso dun 24% , que tan so os máis fortes e afortunados conquerirón subilo (moi poucos) , xa que unha pedra das moitas que tiña podiache facer baixar da montura . Corredoiras enlamadas , outras pedregosas ,¡¡ que enganados nos tiñan !! .
Moitas incidencias , caidas , pinchazos , roturas de cadeas , abandonos por graves averias , xunto coas condicións climáticas , fixeron do día unha xornada épica das que fan afición .
No aspecto macánico nós saimos airosos , polo que temos que felicitar ó noso equipo que todo o inverno traballaron na factoria para darnos unhas monturas , que non serán as mellores para as trialeras , pero gozan dunha mecánica e un motor de total fiabilidade .
No aspecto organizativo , para sela primeira vez , tiñán a máquina ben engrasada , moito persoal do concello como é habitual , voluntarios , todos eles sufrindo os rigores do día cunha sonrrisa e un xesto de ánimo para os participantes . Non faltaba de nada nos avituallamientos , e a comida de despois impresionante pola variedade e cantidade . 
En definitiva altamente recomendable este tipo de probas , e se son como a deste domingo moito máis .  Quedounos pena de non ser incluidos na de Dumbria  , e agora a esperar ás próximas en Brión e a Santa Comba . 
Como diría o noso presidente Milos I "Eu mando homes a loitar contra os elementos e voltan gladiadores". E estes forón Marcus Valerio el hispánico , Magariñus Diocles el hispano , Gerardus Scipion el africanus , Santiagus Flamma el sirio , Juan Prico el galo e Zarco Espartaco el Tacio .
    

domingo, 20 de marzo de 2011

RUTA DA PEDRA SERPAL-CENTRAL DO TAMBRE

Este fín de semán tivemos cambio de día de saída , xa que o non xogar este sábado , foi este día o sinalado para realizala kdada dos bttranos . Dada a afluencia de btteros ( supoñemos que o día que facía axudou ) , teremos en conta unha vez que remate a liga de fútbol de trocalo día de saída .
A ruta iniciabase como sempre no Suarez , coa nova incorporación de Vales , e os que xa están a ser fixos , Iván , Leo e Juan Noia , ademáis Yeral e Juan Vilela que xa facía tempo que non saían con nós na fín de semán tamén se unian ós Cobas , Basi , Maga , Zarco e Muiño , este último tamén dos que non é da partida os domingos polos seus compromisos laborais .
Logo da subida a Zas deixámolo asfalto para meternos de cheo nas novas pistas de concentración , que nós acercaron a Cruxido , xa alí iniciamos unha dura subida por asfalto ata Vilar de Ordoeste , onde colleríamos a pista forestal que vai ata Porqueira , dende aquí de novo por asfalto ata Forniños a onde chegamos trás decidir facela subida máis longa pero máis tendida , xa que a opción curta , a de baixar a Devesa para logo ascender ata Forniños , pareceunos demasiado esixente para o que ainda nós quedaría .

No alto ó pasala aldea de Forniños e onde confluen os concello de Negreira e Outes dirixímonos cara o primeiro obxectivo da xornada a " Pedra Serpal " , preto do paraxe de San Xoán do Carballoso , onde se celebra o domingo anterior ó 24 de xuño , (cando este cae en día laborable) unha afamada romería campestre . Dende esta Pedra , mencionada na lenda de San Campio xa que os seus restos pasaron por aquí antes de chegar a Entíns , as vistas son espectaculares , a ría de Noia-Muros , a península do Barbanza , e o Tambre no seu abrazo co mar .
Xa metidos dende fai un rato en pistas forestais , comenzamos un descenso frenético por elas cara o río Tambre , e xa de cheo no concello de Outes . O estado da pista fai que algún probe os sinsabores deste deporte , ó rematar co seu corpo na cuneta , realizando un tratamento intensivo de acupuntura galega a base de Ulex Europaeus (toxo) , nas suas extremidades superiores .
Nun abrir e pechar de ollos plantamonos na ponte colgante da central do Tambre a cal permitenos sortear a barreira natural que supón o noso fermoso río .
Esta zona e verdadeiramente expectacular e quedou retida na nosa memoria como obxectivo para unha merendola noutra das nosas kdadas , na que faremos un paréntesis para ese apetecible " ágape " , sen lugar a dudas queda marcada no calendario tan magno acontecemento do que daremos cumprida información .
Pero voltemos ó relato do acontecido na ruta , xa que como de todos e sabido logo de tanto baixar , non quedaba outra que subir e tiñamos que gañar altura , o que fisemos por unha pista con bo asfalto pero cunha pendente considerable ,  ata que xa a deixamos e collemola pista que se dirixe á presa . O estado da mesma con moita pedra solta e sempre en " falso llano " ascendente , fixo que moitos se queixasen da mesma , pero este foi mitigado polas vistas que nos deixaba percibir .
Por fín chegamos a Vilariño , e de alí so quedaba o descenso ata a parede do Tambre , a partir de aquí colleunos a noite de repente , ó non calcularar ben o tempo da ruta , pero como castigo disfrutamos do nacemento da lua máis grande dende fai duas décadas , a cal fomos contemplando de camiño a casa tralo paso por Maio Grande , Maio Pequeno , Pontevedra e Gonte .  Ó remate unhas cañiñas no Suarez para queles que tiñan que pasalo control .
O Domingo so foi quen de repetir Iván , que xunto con Marcos e Bebeto ( unha nova incorporación ) forón ata a Muralla , ruta que non fai moito xa poidemos disfrutar parte de nós , aínda que desta volta eles variaron un pouco o percorrido que se realizara na primeira ocasión . Esta semán saíremos o xovés ás 16:30 do Suarez , e xa na fín de semán o grupo quedará un pouco disgregado , pois Marcos , Yeral , Maga , Basi , Santi e Zarco irán ata terras de Mazaricos a disfrutar da I Ruta BTT que alí se organizan . Sen embargo o resto se teñen pensado sair , queda emprazado como de costume, é decir ás dez no Suarez .

lunes, 14 de marzo de 2011

A RUTA DA SEGUNDA OPORTUNIDADE

Este Domingo e trala farturenta cea de despois do festín de goles que nos demos o sábado , a cousa non pintaba ben para a saída BTTRANA , xa que a climatoloxía , a hora á que o persoal se retirou a velar armas e algunha ausencia por mor de poñernos os cornos cos esfola arrós , deixaba ben ás claras que poucos se persoarían á hora de costume no Suarez .
Ainda que dos da cea tan so un se personou ( el valiente y heroico Zarco ), outros dous ilustres bttranos como Maga e Marcos ausentes na mesma , si fixeron acto de presencia , e ós que se uniron duas novas incorporacións moi interesantes como Iván Calvo e Leandro , que logo da xornada vivida e a pesar do esperpéntico da mesma , decidiron voltar con nós en próximas citas .
Marcos estaba "envenenado" coa subida ó alto de Urdilde , pero dende a zona dos Anxeles , e así foi como collemos a estrada ata dita localidade , pasando previamente por Brión .
Unha vez alí metémonos por xunto a iglesia e comenzamos a tirar cara o monte , pero non atopabamolos camiños oportunos , asique seguiamos polas pistas asfaltadas sempre tendendo cara o monte , para tentar de dar coa ruta axeitada , eso sí as rampiñas que por alí atopamos eran das de " a min non se ven " .
A impaciencia e a creencia en que xa tiñamos máis camiño andado do real , fixo que ó atopar unha pista forestal nos meteramos por ela cara o monte . Por certo acórdase alguén dun programa dos finais dos setenta chamado "segunda oportunidade" , onde na súa cabeceira decía "El hombre es el único animal que tropieza dos veces en la misma piedra" , pois nós vendo nun cruce no que as rodeiras dos que xa antes pasaron moitas veces por alí , tiraban cara abaixo , pois nada home , nós monte arriba , non vaiamos perderla altitude gañada con tanto esforzo .
A cousa empeoraba e chegou unha zona que baixamos das burras e a tirar por elas , pero o camiño cerrabase cada vez máis ata que quedouse nun sendeiro de paso a pe , polo cal seguimos como 50 metros ata que atopamos unha trialera das motos e do cal xa vimos como a kilómetro e medio a caseta . Xa ves para baixo non imos voltar , ¡¡veña!! burra ó lombo e pico arriba pola "lamujeira" das motos .
Xa no alto decidimos que despois de todo era cedo e os callos ainda estaban na pota , pois iso , damos unha voltiña polas pistas deste monte antes de baixar a Urdilde , localidade dende a cal metemos marcheta para chegar xa dunha vez a tomalas cañas e a tapiña de costume .
Ó remate todos quedamos cunha sensación de que esto de ir sin saber a ruta previamente , ten o seu punto de aventura e xa sabedes que todos temos dentro un Calleja .
"De todas formas que bueno sería poder contar con una segunda oportunidad" , como apostillaba o citado programa , e esa será o vindeiro 17 de Abril onde varios BTTRANOS estaremos na ruta dos Esfola Arrós , e esa vez iremos da sua man e sobre seguro .
Por certo xa que non xogamolo sábado que ben , a kdada vai pasar a ese día , pois xa sabedes , no sitio de costume ás 16:30 , pero se algún lle queda mono podemolo falalo e sair tamén o Domingo como de costume .

jueves, 10 de marzo de 2011

RUTA DA MURALLA

O pasado Domingo realizamos a ruta na que ata o de agora acumulamos máis desnivel subindo con 1.021 metros , ainda que o discurrir por asfalto a maioría da mesma non o parecese , como se pode apreciar no gráfico colgado no apartado de rutas , dende Negreira e ata o alto da Muralla non fisemos máis que subir e subir . Ben é certo que á volta foi todo baixar a excepción dun tramo de pequena ascensión , xa que en parte o percorrido de ida e volta non coincidia .
Unha xornada para rodar , a nova carretera a Noia deixa case que deserta a antiga o que da un punto de tranquilidade á hora de ir por ela , ata ela viñemos directos dende Negreira a Urdilde abandoando a tan trillada ruta polas pistas que dende o noso pobo nos acercan a esta localidade , pero a duda do tempo que necesitraríamos para realizala toda fixo que adiantasemos un pouco ó ir pola estrada .
Logo o xa mencionado tramo da estrada a Noia en donde os Cobas , Maga ,Victor e Zarco , xuntaronse con Basante .
Deixamola xusto o pasala gasolinera , partando por unha pista a ezquerda que pasando por Moares e Barreiros nos acercaría a Vilachán . Aquí colleríamos a dereita pola AC-308 dirección Noia , ata preto de Comparada onde collemos a ezquerda no indicador do parque eólico do Treito , pasamos por Xestoso e por fín chegamos a Aldariz aldea ó pe do monte do Castro da Muralla , onde comenzaría a verdadeira ascensión . Dous kilómetros aproximadamente asfaltados e bastante tendidos para logo atoparnos cunha "trampa" xa que estaban uns 400 metros con morrillo , paso previo supoñemos ó asfaltado dese tramo , o que fixo duro o discurrir por él .
Aquí comenzaba o verdadeiramente máis duro da xornada xa que a pista comenzaba a ter xa un porcentaxe considerable e a gran cantidade de pedra solta dificultaba máis ainda o ascenso , serían uns 1300 metros para culminalo ascenso , dende alí uns vistas IMPRESIONANTES das cales disfrutamos mentrás repoñíamos forzas .
O posterior descenso de vértigo polas pistas do parque eólico , deixounos ó carón da pedra que "a forestal" , alí chantou para indicalo abrazo nese puntos dos concellos de Rois , Lousame , Dodro e Rianxo . Logo tomamos unha pista forestal que dende este punto nos acerca á aldea de Pedrouzos , e aquí rematarían os 10 kilómetros que fisemos soamente por pistas nesta xornada , para voltar de novo a retomamolo asfalto e de novo a AC 308 pero nesta ocasión en dirección a Rois . Chegados a un cruce collemos a ezquerda para volar a carretera de Noia e collemos dirección a Urdilde , a partir deste punto solapanse o traxecto de ida e volta .
En Vilar deixamos a Basi e nós seguimos dirección ós callos que nos esperaban xa na barra do Suarez .
Ó final 53 kilómetros , e o ascenso o cumio máis alto da zona con 650 metros de altura . Moi recomendable .

domingo, 6 de febrero de 2011

I CLÁSICA DE SAN BLAS

A comisión de festas de Ceilán organizou , para este Domingo a I clásica de San Blas , e alí nos presentamos os BTTRANOS cun surtido elenco de participantes , sumando un total de 16 esforzados da bicicleta . Causaron baixa a última hora algúns con certo medo excénico á ruta que diseñou a organización ( O MEU CORPO NON LLE FIXO MAL A NINGUÉN , decían).
Foi tamén a presentación dos novos modelos adquiridos recentemente por Basi , Isma e Alvaro , e a reconstruida bici de Muiño .
A mañán era desapacible , pola mesta neboa que crubria o noso Val o que facía que as temperaturas fosen baixas , pero esto so foi o comenzo xa que o pouco de gañar altura esta desapareceu , e xa cando voltamos ás zonas máis baixas da proba , non quedaba restos da mesma dando paso a unha mañán explendida .
A saída deuse con puntualidade Suiza logo da foto de grupo , e dun tentempe que a organización agasallou ós preto de 40 participantes . Saída neutralizada ata onde se deixaba o asfalto e dende ese momento veña para arriba . Do perfíl da etapa non vou contar moito xa que foi analizada na previa que fixemos o pasado Domingo . O importante foi que cada un o seu ritmo desfrutou dunha xornada dominical un pouco diferente ás KDADAS que facemos a cotio .
Aconteceu algunha que outra caida , pero a xornada descirriu sen incidentes salientables a non ser os típicos pinchazos .
A iniciativa desta Comisión e de agradecer por tódolos amantes da BTT da nosa comarca , e esperemos que se sintan con forzas e o ano que ven a organicen xa dun xeito máis formal e que se faga extensible a moita máis xente . O apoio dos Btteranos seguro que o van ter , e esperemos que das institucións e casa comerciais tamén .
"QUENTANDO" MOTORES PARA A PROBA

lunes, 31 de enero de 2011

RUTA PREVIA A SAN BLAS

Este fín de semán quisemos facela ruta que diseñou Sunami para o vindeiro Domingo 06 de Febreiro , día no que se celebrará a I clásica de San Blas .Quedamos no punto de saída de costume , o bar Suarez , e á súa hora iniciamolo camiño cara Ceilán , onde se sumarían dous novos compañeiros , Fernando e Juan , que esperemos desexen acompañarnos en máis ocasións . Os que non estiveron foron algúns que soen ser da partida , pero ben os virus ou ben as excursión impidiron o seu concurso na xornada dominical .
Logo de expoñerlle a idea que tiñamos maquinado para á xornada , comenzamolo percorrido , que se pode definir como de rompe-pernas , xa que non ten apenas tramos para o acougo , a non ser ó final de todo o que de A Baña nos deixa a pe da subida a Buchaín .
Logo dun primeiro kilómetro de terreo máis ou menos chán , xa comenzan as subidas , o primeiro pequenas costas , pero moi preto da saída , o que recomenda ir xa un pouco rodado antes de comenzalo circuito .
O peor ben logo do descenso trala primeira ascensión , unha subida que ten unha pendente considerable , e que logo dun infimo descanso voltas ó mesmo , ata chegar a carretera que sube a Lañas , seguiremos subindo pero xa dunha maneira máis tendida e por asfalto .
Agora toca o descenso ata a iglesia de S. Mamede , por un camiño que precisa de tomalas oportunas precaucións que cada un crea convinte , aquí foi onde sufrímolo único percance do día , ó bicar Marcos  o chán .
Desde S.Mamede diriximonos cara a Tarroeira , descenso vertixinoso cara o río , para logo atoparnos cunha parede ata a aldea , menos mal que é cortiña . Colleremos dirección a Señor pero no medio do camiño apartamos a ezquerda cara o cementerio de A Baña (aquí o que suscribe xa chegou morto) .
Uns kilómetros de rodaxe e chegamos a pe de porto , subida ó mítico Buchaín onde Basi demostrou selo máis forte da xornada , sen duda está chamado a ser un gregario de luxo para o noso xefe de filas .
No cumio podese dar por finalizada a etapa xa que so queda descender ata a meta , ¡¡ POR FÍN !! , vou feito polvo o peor día .... , nin Castelán , nin Busto de Fradés , nin o camiño de Santiago ata a Pena , nin subir ata Santa Cecia , acordeime de Sunami unhas cuantas veces .
Por certo á noite xuntamonos uns cuantos e entre eles estaba Sunami , que recoñecera parte do terreo o sábado pola mañán na bici apreciando a dificultade da proba , que en principio asumira como máis doada , e é posible que se cambie algunha parte do percorrido , como o final que por seguridade en vez de pasar polo Rucheiro e ter que cruzala carreteta duas veces é posible se siga xa dereito ata Ceilán .
Bueno vemonos Domingo onde sempre para ir a Ceilán , sairemos co cocido do medio día na mente , para que a etapa sexa máis levadeira , por certo de momento parece que o tempo vai a acompañar .

lunes, 24 de enero de 2011

RUTA DE SANTA CECIA

A ruta de hoxe comenzaba con inesperadas ausencias , e así a última hota caían o noso xefe de filas , Cobas , e Yerar , este último afectado polo mal de altura , xa que non foi quen de baixar da cama . E Muiño , Victor e Santi xa dixeran que non era o día para eles .
Con todo elo Herminio , Marcos , Maga , Vilela e Zarco saen a procura de Basi que nos saia ó camiño , xa que o home estaba un pouco xusto de tempo este día , pero as gañas de sair a dar pedal non deixaron que nos abandonase a nosa sorte .
Así achegamonos a Urdilde por pistas en bo estado , e sempre gañando en altura ainda que non o parecese . Unhas molestias impiden a Vilela continuar con nós e abandona o grupo , que sigue ruta ata Macedos , alí logo de saudar a Basi , comenzamos a ascensión por unha pista asfaltada que nos aproximará ata onde se atopa unha caseta de vixiancia de incendios forestais denominada polos seus moradores estivais como “Santa Cecia” .
Subida duns tres kilómetros aproximadamente , tendida e sen moita dificultade ata que preto do final ten unha rampla considerable , que fai que as mecánicas se resintan e Basi e Marcos sufran pequenos contratempos , por certo o de Basi tivo tamén consecuencias para Zarco .
Reagrupamonos no cumio e disfrutamos un intre das vistas , comenzamos de seguido un descenso por unha pista en bastante bo estado , no camiño atopamonos xa con outros esforzados do pedal , que aproximabanse á cima pero en sentido contario ó realizado por nós .
Logo xa a pé de monte , diriximinos dirección Este buscando as terras de Sorribas . Antes da primeira aldea que nos atoparíamos dende que deixamos Macedos , cruzamonos cun grupo dunhas vinte unidades que comenzaban a ascensión , non sabemos por donde encamiñarían as suas monturas , pero si era ata onde nós iniciaramos o descenso , esperaballe unha xornada digna de disfrutar , eso si con unha boa dosis de esforzo .
Logo de pasalo noso Via Crucis particular , acadamos de novo o asfalto momento no que Basi acuciado por estar a súa hora na casa , impón unha marcheta que nos descolga o resto , xa contabamos con elo , seguimos a Sorribas , aquí tomamos dirección Norte cara Vilar de Abade , onde collemos de novo unha pista forestal , en bo estado , e pouco despois xa escoitamos as campanas de Bastavales . De novo ó asfalto que non deixaríamos ata o remate da ruta .
Dende a Iglesia de Bastavales diriximonos a Vilas , logo os Anxeles , onde os xa mencionados contratempos que sufrui Marcos na subida inicial , e que foron a mais ó longo da xornada , requiren dunha parada técnica para uns axustes provisionais .
Maga pide permiso aquí para continuar en solitario , o cal lle é concedido , xa que ainda quedaba o derradeiro escollo da xornada que era a ascensión dende Brión ata Portanxil , e prefería facelo a ritmo sosegado .
Xa en Reino lle damos alcance e voltamos a reagruparnos para rematar a xornada onde sempre , no Suarez , tomando os callos de Julia , e por alí comenzan a chegar , os durmilóns , os enfermos e os aventureiros que hoxe se meteron 44 Kilómetros , cun nivel acumulado subindo de 950 metros .

lunes, 17 de enero de 2011

A RUTA DA TETA

Imoslle dar este alcume á ruta realizada este pasado Domingo , en primeiro lugar pola ascensión que fixemos cara a aldeayu de Busto de Frades , e como de todos é sabido , ó busto , coloquialmente se lle denomina “ TETA” , e en segundo lugar porque a maioría chegamos arriba “MAMADOS” .
Iniciamos a etapa como rematamos a do pasado Domingo , pero en sentido contrario , e así partimos de Negreira para logo de pasar por Pontevedra , achegamonos a Maio Grande onde recollemos a outro dos nosos efectivos , sumando así nove ousados aventureiros , que se dirixiron ata a presa de Barrie da Maza . Ata aqui todo discurria polos cauces normais , pero esperaban 3,5 Kms. de dura ascensión , eso si por asfalto , que fixeron que algúns pagasen os excesos , e é que era moita caña para tanta cañita do dia anterior .
Xa no alto deixaríamos o asfalto , e logo de reagruparnos continuamos ascendendo outro kilómetro máis , pasamos por unha expectacular montaña rusa , cun descenso vertixinoso que da paso a unha subida das de case pé a terra . Tomamos unha pista ancha e con bo firme que daria a alternativa ó tramo máis técnico da xornada , moita pedra , un descenso de vértigo , e unhas vistas de luxo , ó rematalo descenso xiramos dirección norte cara Vilariño onde nos reagrupamos de novo e reparamos a primeira incidencia do dia , un pinchazo . Aproximamonos logo á zona onde se iniciara o ascenso a Busto de Frades , no lugar de A Graña , e a algún gracioso ocurriuselle a idea de tentalo de novo , pero imperou a cordura no seo do grupo e xunto con que as condicións metereolóxicas comenzaban a empeorar , continuamos en dirección a Amañecida .
Xa estaba a rematar a xornada , cando nos derradeiros coletazos da etapa , xurde un novo contratempo en forma de ruptura mecánica , un incidente que fixo inxeniar un novo sistema de remolcado de vehículos , que non creo se chegue a homologar nunca , pero que foi efectivo deixando así a bo recaudo a un dos nosos aventureiros na casa dos seus pais , ¿onde mellor podia quedar , verdade? .
Logo de deixalo noso compañeiro as ansias de chegar para ir tomalos callos do Suarez , fixo que o pelotón se emplease a fondo no descenso ata Negreira , que se fixo a un ritmo digno dun bo chuletón .

domingo, 9 de enero de 2011

A RUTA DAS ALDEAS ABANDOADAS

Imola denominar así , por ser durante moito tempo o alcume que por desgracia recibiron , xa que o feito dos movementos migratorios así as deixaron , orfas dos fillos da terra . Máis cousas dos tempos , agora dende uns anos voltan a cobrar vida , fruto das modas , da volta ás orixes ou da procura da tranquilidade perdida . Lobios e Pontevedra formarán parte da nosa ruta .
Dez da mañán , e a xente con dudas , pero finalmente xuntamonos cinco intrepidos aventureiros que a eso das 10:30 saimos do local de costume , o bar Suarez , para iniciar un xoranda espectacular que sorprendeu a máis de un polas impresionantes paisaxes polas que discurriu a marcha .
Deixaremos o noso Val para adentrarnos gañando pouco a pouco altitude , as zonas montañosas e atopala fermosura definitiva .
Tralo paso obrigado polo pazo do Cotón na carreira de San Mauro , e xa de cheo no antiguo camiño Real , imos segurir por él ata A Pena onde o deixaremos para xirar en dirección ó Gorgal .
Un primeiro tramo difícil e con zonas técnicas , debido ós recentes temporais , que fixeron que atopemos moita auga , barro , pedra solta ,e unido a que sempre iremos subindo ata acadala subestación do parque eólico , fai que comencemos polo máis difícil do que nos atoparemos na matinal dominical .
Xa chagados ós montes da Pena , un dos vértices xeodésicos do noso Val , e preto do que pasaremos , agora so nos quedará disfrutar desta altiplanicie , a que de Pedralonga nos aproximará a Barbazán , rodar , rodar e rodar , inspirando e empapandose da paisaxe .
Antes de chegar a Barbazán imos dar un pequeno rodeo para admirar unhas vistas de luxo a Serra do Barbanza , o Tambre e as ladeiras que o cobixan , San Xoán do Carballoso , en fín , dificil de describir no negro sobre blanco . Esperanos Lobios (cobertizo , especie de alpendre) , e acollenos cun silencio e unha paz que case che fai tremer , acabaremos bebendo das suas augas , para retomala marcha ata esta vez si , logo de pasar por Lueiro ata Barbazán , xa estamos na terra de cursos de auga encaixados entre barrancos .
Apetece visitalo bar local para repoñelos esgotados recepintes das nosas monturas , ó mesmo tempo que as deixamos descansar un intre , mentrás nós ............ .
Esperanos Pontevedra , previo paso polas terras de Liñaio , descendemos cara o Tambre , cruzamos afluentes , baixamos , baixamos (para iso xa antes subimos) , atopamonos cos cazadores dunha batida , e apurámola marcha non vai ser que nos confundan co máis astuto dos animais da nosa xeografía , nós os sentidos hoxe xa os temos finos e as sensacións moi vivas como o raposo , por iso alonxamonos cara os Maois , o Grande e o Pequeno , para así chegar por fín a Pontevedra .
Neste lugar está testemuñada unha vella ruta de peregrinación (voltamos a ser peregrinos , algún ata xa ten o aspecto) , asociada a un antigo camiño, capela con hospedaría, e a ponte de Pontevedra, e posible que esta ponte e camiño estivesen a veira dunha antiga vía secundaria de época romana que conectaría coa vía principal o sector norte da Península de Barbanza.
Xá so nos queda rematala xornada , logo dos coarenta kilómetros realizados , como de costume no Suarez , con Bienvenido apurando a Xulia , “ eses callos para estes esforzados , que de boa gana iria eu con vós, pero de coche da apoio . ¿Unhas cañiñas como sempre ? " . Como agradeceriamos este tente en pe , mediada a ruta , pero todo se andará que ainda estamos comenzando.
Agora aparecen polo bar os que non se presentaron na saída , e logo de vernos denotase unha envexa sana nas suas facianas e o desexo de vir na seguinte ocasión , pero chegado o dia Dios dirá , nós alí estaremos , desexando ser cantos máis mellor e abertos a todo o mundo . Podese decir iso tan socorrido “non nós mires unete” . Xa o sabedes Domingos ás dez saída do Suarez , sempre que o tempo o permita , alí estaremos prestos a conquerir novas metas .
+FOTOS AQUÍ