Mostrando entradas con la etiqueta maga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta maga. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de diciembre de 2011

PAN DE ZARCO ( ANCARES )

O 2011 está a piques de rematar , e para despedir o primeiro ano completo da nosa sección de btt , tiñamos que facer algo totalmente distinto , e así foi que gracias ás inquedanzas de Maga , nos diriximos un pequeno grupo a modo de avanzadilla ata o "mortirolo" español , e o dende hoxe famoso Pan de Zarco .
A idea era ir a sondeala zona para establecer no futuro un centro de saidas nos Ancares , e as sensacións foron boas , co cual coidamos que a partir de agora cada ano tentaremos de ir un nutrido grupo dos bttranos a pasar uns dias na zona e disfrutar da natureza , da compañia e da bici .
Pero descartamos voltar neste tempo e por un so día . Chegamos a eso das 10 da mañán , logo de sair ás 6 , e con moita precaución por mor das pracas de xeo , coas que José Luis soupo lidiar , eso si , nas bicis nos deron máis de un susto . Establecemolo campamento base na localidade leonesa de Balouta , para así ter uns kilómetros de rodaxe antes do inicio da ascensión . Xa de novo en Galicia nos atopamos en Murias co inicio da ascensión , quedamos de reagruparnos nas " Brañas de Pan de Zarco" , un conxunto de edificacións para o gando e cunha fonte de auga miragreira que formaba as brañas da zona . Foi curiosa a chegada de Maga cun canciño que o acompañaou a modo de gregario toda a ascensión . A partir deste punto a neve fiso acto de presenza sobre a pista e canto máis ascendiamos en cota , máis grosor tiña o manto branco . Chegados o cruce de camiños e novo voltamos a reagruparnos coa presenza de dous mastíns que coidaban dunhas fermosas tenreiras galegas e cos cuales Suso entablou amizade . So quedaba o tramo final e remataríamola ascensión , se todo o camiño nos acompañaron uns paisaxes de fermosura sen igual , as vistas dende a cima do porto a 1648 metros de altitude era espectaculares .
So quedaba descender ata o campamento base polo que repetiriamolo tramo ata o cruce de pistas pero agora en descendo , eso si coido que a pesar da pendente , ascendemos a maior velocidade do que o fisemos costa a baixo , era unha pista de patinaxe e as caidas do comenzo da xornada , dabanos boa conta do que nos podía acontecer en caso de arriscar , polo que o tomamos con moita calma , e unha vez chegados de novo cruce de pistas e pedir permiso de paso ós mastíns , so que daban descendelos derradeiros 3 kilómetros ata a Balouta . Logo nos metemos unha suculenta comida entre peito e espalda , que ben merecida a tiñamos , pola toleria que estabamos a realizar neste día Suso , Maga , Zarco , José Luis e Julio , pero que realmente mereceu a pena .
AQUÍ PODEDES VELAS FOTOS
AQUÍ PODES CONSULTALOS DETALLES DA RUTA
VIDEO DA CHEGADA AS BRAÑAS DO PAN DE ZARCO
VIDEO CHEGADA ALTO DA BALOUTA

jueves, 8 de diciembre de 2011

FOTOS NEGREIRA-FISTERRA

viernes, 21 de octubre de 2011

DIA DA BICI NO MILLADOIRO

Logo da invitación de José Luis , un novo compañeiro de aventuras , que está a sair algunha que outra vez con nos , decidimos participar no día da bici do Milladoiro , co único fín de fomentar o uso deste medio de transporte e disfrute .
Así as cousas dispusemonos a sair do sitio de costume , e logo do café matinal e de xuntarnos Marcos, Cobas , Maga , Victor , Herminio , Rafa e Iván , saimos dirección a Bertamiráns onde nos esperaban Basi e José Luis este último foi dende aquí o encargado de propoñer a ruta para achegarnos ó Milladoiro por pistas forestais .
Xa no sitio tomamos outro cafeciño mentrás esperabamola saida da ruta , na que logo de participar , voltaríamos a desandalo camiño para voltar unha vez máis a cumplila tradición de tomalos recontituintes callos no .Suarez

miércoles, 6 de abril de 2011

RUTA BASI

Este pasado Domingo foi Basi o encargado de tirar do pelotón , pois era o que tiña a tarefa de marcala ruta a seguir .
Quedamos como de costume á hora e no lugar xa tradicionais , de onde partimos Cobas , Maga e Zarco , no camiño quedaramos con Basi , xa xuntos os catros comentamolo encontro do día anterior , mentrás esperabamos a Juan que saíra con retraso , aquí foi onde nos atopamos coa sorpresa da xornada que non era outra que a Antenas , ó cal logo de moita insistencia forzamolo a subir ata o alto de Santa Cecia ou Ruibal .
Reagrupamento no alto , bebemos , comemos un pouco e descendemos cara Liñares polo único tramo sen asfaltar do que gozamos nese día . Antenas declina a oferta de seguirnos pois tiña premura por chegar a casa .
Esta zona é "abojosa" para o btt e por ilo nos cruzamos con varios esforzados deste deporte , que como nós disfrutaban dunha xornada estupenda en canto ó climatolóxico .
Unha vez chegado a carón do río non queda outra que subir cara Urdilde , pero antes de chegar a esta localidade diriximonos á aldea que viu nacer o pai do noso bravo central , eso sí para chegar a ela tiñamos que afrontar unha nova rampiña , que tería sorpresa , xa que cando case acadaramolo cumio , resulta que estaba cortada a carretera e tiñamos que dar un rodeo por onde voltabamos a coller un repeito que fixo flaquear a máis de un .
Logo dun merecido descansiño , continuamos ata dar na carretera de Noia a Santiago (agora sen moito tráfico)dirixíndonos a Urdilde (onde despedimos a Basi)a partir de onde desfacemos o camiño cara Negreira , e con puntualidade Suiza como recoñeceu Suarez , chegamos para tomalos callos e as merecidas cañas .
Por certo foi un día onde as monturas non estaban o cen por cen , e ó longo da semán varias forón as que visitaron ós doutores-velocípedos . Algunha incluso tivo que ser sustituida por non chegar a tempo a cita dominical , por unha montura doble-ríxida , con freos tradicionais e mecánica das de antes , pero que consiguiu rematala proba con notable alto .

lunes, 28 de marzo de 2011

I RUTA BTT CONCELLO DE MAZARICOS


Xa o dixo Felipe II "Yo envié a mis naves a pelear contra los hombres, no contra los elementos".
Esto foi o que poideron pensar moitos dos que se ausentaron da proba celebreda este pasado domingo en Mazaricos . Tratábase da I ruta btt do citado concello , e o día anterior fora un día de cans , pero tíñase a esperanza de que na xornada dominical o deus Cronos se compadecese dos esforzados btteros e lles dese unha tregua para so ter que mollarse dende abaixo e non tamén dende arriba . Magoa!!!! Cronos debeu sufrilos efectos do troco horario .
De 340 anotados apareceron 210 , entre eles como non , os BTTRANOS DE NEGREIRA , debutantes neste mundillo das probas organizadas , pero xa curtidos en miles de batallas polos campos de fútbol , onde o de ducharse en auga fría era como o pan do día , as "lamujeiras" a común das superficies no inverno , pasar frío , mollarse , mancarse , sangrar e suar eran elementos que formaban parte do xogo . Asique , dos lamentos de moitos , nós fixemolo noso gozo , camiños por onde baixaban verdadeiros ríos , lama por todos lados , frío , vento , auga , e 38 kilómetros para disfrutar . 
Diseñaron estes mazaricáns un roteiro con un par de trialeras nas que as ríxidas sufrian , un ascenso dun 24% , que tan so os máis fortes e afortunados conquerirón subilo (moi poucos) , xa que unha pedra das moitas que tiña podiache facer baixar da montura . Corredoiras enlamadas , outras pedregosas ,¡¡ que enganados nos tiñan !! .
Moitas incidencias , caidas , pinchazos , roturas de cadeas , abandonos por graves averias , xunto coas condicións climáticas , fixeron do día unha xornada épica das que fan afición .
No aspecto macánico nós saimos airosos , polo que temos que felicitar ó noso equipo que todo o inverno traballaron na factoria para darnos unhas monturas , que non serán as mellores para as trialeras , pero gozan dunha mecánica e un motor de total fiabilidade .
No aspecto organizativo , para sela primeira vez , tiñán a máquina ben engrasada , moito persoal do concello como é habitual , voluntarios , todos eles sufrindo os rigores do día cunha sonrrisa e un xesto de ánimo para os participantes . Non faltaba de nada nos avituallamientos , e a comida de despois impresionante pola variedade e cantidade . 
En definitiva altamente recomendable este tipo de probas , e se son como a deste domingo moito máis .  Quedounos pena de non ser incluidos na de Dumbria  , e agora a esperar ás próximas en Brión e a Santa Comba . 
Como diría o noso presidente Milos I "Eu mando homes a loitar contra os elementos e voltan gladiadores". E estes forón Marcus Valerio el hispánico , Magariñus Diocles el hispano , Gerardus Scipion el africanus , Santiagus Flamma el sirio , Juan Prico el galo e Zarco Espartaco el Tacio .
    

domingo, 20 de marzo de 2011

RUTA DA PEDRA SERPAL-CENTRAL DO TAMBRE

Este fín de semán tivemos cambio de día de saída , xa que o non xogar este sábado , foi este día o sinalado para realizala kdada dos bttranos . Dada a afluencia de btteros ( supoñemos que o día que facía axudou ) , teremos en conta unha vez que remate a liga de fútbol de trocalo día de saída .
A ruta iniciabase como sempre no Suarez , coa nova incorporación de Vales , e os que xa están a ser fixos , Iván , Leo e Juan Noia , ademáis Yeral e Juan Vilela que xa facía tempo que non saían con nós na fín de semán tamén se unian ós Cobas , Basi , Maga , Zarco e Muiño , este último tamén dos que non é da partida os domingos polos seus compromisos laborais .
Logo da subida a Zas deixámolo asfalto para meternos de cheo nas novas pistas de concentración , que nós acercaron a Cruxido , xa alí iniciamos unha dura subida por asfalto ata Vilar de Ordoeste , onde colleríamos a pista forestal que vai ata Porqueira , dende aquí de novo por asfalto ata Forniños a onde chegamos trás decidir facela subida máis longa pero máis tendida , xa que a opción curta , a de baixar a Devesa para logo ascender ata Forniños , pareceunos demasiado esixente para o que ainda nós quedaría .

No alto ó pasala aldea de Forniños e onde confluen os concello de Negreira e Outes dirixímonos cara o primeiro obxectivo da xornada a " Pedra Serpal " , preto do paraxe de San Xoán do Carballoso , onde se celebra o domingo anterior ó 24 de xuño , (cando este cae en día laborable) unha afamada romería campestre . Dende esta Pedra , mencionada na lenda de San Campio xa que os seus restos pasaron por aquí antes de chegar a Entíns , as vistas son espectaculares , a ría de Noia-Muros , a península do Barbanza , e o Tambre no seu abrazo co mar .
Xa metidos dende fai un rato en pistas forestais , comenzamos un descenso frenético por elas cara o río Tambre , e xa de cheo no concello de Outes . O estado da pista fai que algún probe os sinsabores deste deporte , ó rematar co seu corpo na cuneta , realizando un tratamento intensivo de acupuntura galega a base de Ulex Europaeus (toxo) , nas suas extremidades superiores .
Nun abrir e pechar de ollos plantamonos na ponte colgante da central do Tambre a cal permitenos sortear a barreira natural que supón o noso fermoso río .
Esta zona e verdadeiramente expectacular e quedou retida na nosa memoria como obxectivo para unha merendola noutra das nosas kdadas , na que faremos un paréntesis para ese apetecible " ágape " , sen lugar a dudas queda marcada no calendario tan magno acontecemento do que daremos cumprida información .
Pero voltemos ó relato do acontecido na ruta , xa que como de todos e sabido logo de tanto baixar , non quedaba outra que subir e tiñamos que gañar altura , o que fisemos por unha pista con bo asfalto pero cunha pendente considerable ,  ata que xa a deixamos e collemola pista que se dirixe á presa . O estado da mesma con moita pedra solta e sempre en " falso llano " ascendente , fixo que moitos se queixasen da mesma , pero este foi mitigado polas vistas que nos deixaba percibir .
Por fín chegamos a Vilariño , e de alí so quedaba o descenso ata a parede do Tambre , a partir de aquí colleunos a noite de repente , ó non calcularar ben o tempo da ruta , pero como castigo disfrutamos do nacemento da lua máis grande dende fai duas décadas , a cal fomos contemplando de camiño a casa tralo paso por Maio Grande , Maio Pequeno , Pontevedra e Gonte .  Ó remate unhas cañiñas no Suarez para queles que tiñan que pasalo control .
O Domingo so foi quen de repetir Iván , que xunto con Marcos e Bebeto ( unha nova incorporación ) forón ata a Muralla , ruta que non fai moito xa poidemos disfrutar parte de nós , aínda que desta volta eles variaron un pouco o percorrido que se realizara na primeira ocasión . Esta semán saíremos o xovés ás 16:30 do Suarez , e xa na fín de semán o grupo quedará un pouco disgregado , pois Marcos , Yeral , Maga , Basi , Santi e Zarco irán ata terras de Mazaricos a disfrutar da I Ruta BTT que alí se organizan . Sen embargo o resto se teñen pensado sair , queda emprazado como de costume, é decir ás dez no Suarez .

lunes, 14 de marzo de 2011

A RUTA DA SEGUNDA OPORTUNIDADE

Este Domingo e trala farturenta cea de despois do festín de goles que nos demos o sábado , a cousa non pintaba ben para a saída BTTRANA , xa que a climatoloxía , a hora á que o persoal se retirou a velar armas e algunha ausencia por mor de poñernos os cornos cos esfola arrós , deixaba ben ás claras que poucos se persoarían á hora de costume no Suarez .
Ainda que dos da cea tan so un se personou ( el valiente y heroico Zarco ), outros dous ilustres bttranos como Maga e Marcos ausentes na mesma , si fixeron acto de presencia , e ós que se uniron duas novas incorporacións moi interesantes como Iván Calvo e Leandro , que logo da xornada vivida e a pesar do esperpéntico da mesma , decidiron voltar con nós en próximas citas .
Marcos estaba "envenenado" coa subida ó alto de Urdilde , pero dende a zona dos Anxeles , e así foi como collemos a estrada ata dita localidade , pasando previamente por Brión .
Unha vez alí metémonos por xunto a iglesia e comenzamos a tirar cara o monte , pero non atopabamolos camiños oportunos , asique seguiamos polas pistas asfaltadas sempre tendendo cara o monte , para tentar de dar coa ruta axeitada , eso sí as rampiñas que por alí atopamos eran das de " a min non se ven " .
A impaciencia e a creencia en que xa tiñamos máis camiño andado do real , fixo que ó atopar unha pista forestal nos meteramos por ela cara o monte . Por certo acórdase alguén dun programa dos finais dos setenta chamado "segunda oportunidade" , onde na súa cabeceira decía "El hombre es el único animal que tropieza dos veces en la misma piedra" , pois nós vendo nun cruce no que as rodeiras dos que xa antes pasaron moitas veces por alí , tiraban cara abaixo , pois nada home , nós monte arriba , non vaiamos perderla altitude gañada con tanto esforzo .
A cousa empeoraba e chegou unha zona que baixamos das burras e a tirar por elas , pero o camiño cerrabase cada vez máis ata que quedouse nun sendeiro de paso a pe , polo cal seguimos como 50 metros ata que atopamos unha trialera das motos e do cal xa vimos como a kilómetro e medio a caseta . Xa ves para baixo non imos voltar , ¡¡veña!! burra ó lombo e pico arriba pola "lamujeira" das motos .
Xa no alto decidimos que despois de todo era cedo e os callos ainda estaban na pota , pois iso , damos unha voltiña polas pistas deste monte antes de baixar a Urdilde , localidade dende a cal metemos marcheta para chegar xa dunha vez a tomalas cañas e a tapiña de costume .
Ó remate todos quedamos cunha sensación de que esto de ir sin saber a ruta previamente , ten o seu punto de aventura e xa sabedes que todos temos dentro un Calleja .
"De todas formas que bueno sería poder contar con una segunda oportunidad" , como apostillaba o citado programa , e esa será o vindeiro 17 de Abril onde varios BTTRANOS estaremos na ruta dos Esfola Arrós , e esa vez iremos da sua man e sobre seguro .
Por certo xa que non xogamolo sábado que ben , a kdada vai pasar a ese día , pois xa sabedes , no sitio de costume ás 16:30 , pero se algún lle queda mono podemolo falalo e sair tamén o Domingo como de costume .

jueves, 10 de marzo de 2011

RUTA DA MURALLA

O pasado Domingo realizamos a ruta na que ata o de agora acumulamos máis desnivel subindo con 1.021 metros , ainda que o discurrir por asfalto a maioría da mesma non o parecese , como se pode apreciar no gráfico colgado no apartado de rutas , dende Negreira e ata o alto da Muralla non fisemos máis que subir e subir . Ben é certo que á volta foi todo baixar a excepción dun tramo de pequena ascensión , xa que en parte o percorrido de ida e volta non coincidia .
Unha xornada para rodar , a nova carretera a Noia deixa case que deserta a antiga o que da un punto de tranquilidade á hora de ir por ela , ata ela viñemos directos dende Negreira a Urdilde abandoando a tan trillada ruta polas pistas que dende o noso pobo nos acercan a esta localidade , pero a duda do tempo que necesitraríamos para realizala toda fixo que adiantasemos un pouco ó ir pola estrada .
Logo o xa mencionado tramo da estrada a Noia en donde os Cobas , Maga ,Victor e Zarco , xuntaronse con Basante .
Deixamola xusto o pasala gasolinera , partando por unha pista a ezquerda que pasando por Moares e Barreiros nos acercaría a Vilachán . Aquí colleríamos a dereita pola AC-308 dirección Noia , ata preto de Comparada onde collemos a ezquerda no indicador do parque eólico do Treito , pasamos por Xestoso e por fín chegamos a Aldariz aldea ó pe do monte do Castro da Muralla , onde comenzaría a verdadeira ascensión . Dous kilómetros aproximadamente asfaltados e bastante tendidos para logo atoparnos cunha "trampa" xa que estaban uns 400 metros con morrillo , paso previo supoñemos ó asfaltado dese tramo , o que fixo duro o discurrir por él .
Aquí comenzaba o verdadeiramente máis duro da xornada xa que a pista comenzaba a ter xa un porcentaxe considerable e a gran cantidade de pedra solta dificultaba máis ainda o ascenso , serían uns 1300 metros para culminalo ascenso , dende alí uns vistas IMPRESIONANTES das cales disfrutamos mentrás repoñíamos forzas .
O posterior descenso de vértigo polas pistas do parque eólico , deixounos ó carón da pedra que "a forestal" , alí chantou para indicalo abrazo nese puntos dos concellos de Rois , Lousame , Dodro e Rianxo . Logo tomamos unha pista forestal que dende este punto nos acerca á aldea de Pedrouzos , e aquí rematarían os 10 kilómetros que fisemos soamente por pistas nesta xornada , para voltar de novo a retomamolo asfalto e de novo a AC 308 pero nesta ocasión en dirección a Rois . Chegados a un cruce collemos a ezquerda para volar a carretera de Noia e collemos dirección a Urdilde , a partir deste punto solapanse o traxecto de ida e volta .
En Vilar deixamos a Basi e nós seguimos dirección ós callos que nos esperaban xa na barra do Suarez .
Ó final 53 kilómetros , e o ascenso o cumio máis alto da zona con 650 metros de altura . Moi recomendable .

lunes, 28 de febrero de 2011

ROEDORES-RODADORES

VIDEO DA RUTA CELEBREDA O 27 DE FEBREIRO DO 2011 ONDE SE SAIU PARA RODAR POR ASFALTO , Ó FINAL FORON 72 KILÓMETROS .

domingo, 6 de febrero de 2011

I CLÁSICA DE SAN BLAS

A comisión de festas de Ceilán organizou , para este Domingo a I clásica de San Blas , e alí nos presentamos os BTTRANOS cun surtido elenco de participantes , sumando un total de 16 esforzados da bicicleta . Causaron baixa a última hora algúns con certo medo excénico á ruta que diseñou a organización ( O MEU CORPO NON LLE FIXO MAL A NINGUÉN , decían).
Foi tamén a presentación dos novos modelos adquiridos recentemente por Basi , Isma e Alvaro , e a reconstruida bici de Muiño .
A mañán era desapacible , pola mesta neboa que crubria o noso Val o que facía que as temperaturas fosen baixas , pero esto so foi o comenzo xa que o pouco de gañar altura esta desapareceu , e xa cando voltamos ás zonas máis baixas da proba , non quedaba restos da mesma dando paso a unha mañán explendida .
A saída deuse con puntualidade Suiza logo da foto de grupo , e dun tentempe que a organización agasallou ós preto de 40 participantes . Saída neutralizada ata onde se deixaba o asfalto e dende ese momento veña para arriba . Do perfíl da etapa non vou contar moito xa que foi analizada na previa que fixemos o pasado Domingo . O importante foi que cada un o seu ritmo desfrutou dunha xornada dominical un pouco diferente ás KDADAS que facemos a cotio .
Aconteceu algunha que outra caida , pero a xornada descirriu sen incidentes salientables a non ser os típicos pinchazos .
A iniciativa desta Comisión e de agradecer por tódolos amantes da BTT da nosa comarca , e esperemos que se sintan con forzas e o ano que ven a organicen xa dun xeito máis formal e que se faga extensible a moita máis xente . O apoio dos Btteranos seguro que o van ter , e esperemos que das institucións e casa comerciais tamén .
"QUENTANDO" MOTORES PARA A PROBA

lunes, 24 de enero de 2011

RUTA DE SANTA CECIA

A ruta de hoxe comenzaba con inesperadas ausencias , e así a última hota caían o noso xefe de filas , Cobas , e Yerar , este último afectado polo mal de altura , xa que non foi quen de baixar da cama . E Muiño , Victor e Santi xa dixeran que non era o día para eles .
Con todo elo Herminio , Marcos , Maga , Vilela e Zarco saen a procura de Basi que nos saia ó camiño , xa que o home estaba un pouco xusto de tempo este día , pero as gañas de sair a dar pedal non deixaron que nos abandonase a nosa sorte .
Así achegamonos a Urdilde por pistas en bo estado , e sempre gañando en altura ainda que non o parecese . Unhas molestias impiden a Vilela continuar con nós e abandona o grupo , que sigue ruta ata Macedos , alí logo de saudar a Basi , comenzamos a ascensión por unha pista asfaltada que nos aproximará ata onde se atopa unha caseta de vixiancia de incendios forestais denominada polos seus moradores estivais como “Santa Cecia” .
Subida duns tres kilómetros aproximadamente , tendida e sen moita dificultade ata que preto do final ten unha rampla considerable , que fai que as mecánicas se resintan e Basi e Marcos sufran pequenos contratempos , por certo o de Basi tivo tamén consecuencias para Zarco .
Reagrupamonos no cumio e disfrutamos un intre das vistas , comenzamos de seguido un descenso por unha pista en bastante bo estado , no camiño atopamonos xa con outros esforzados do pedal , que aproximabanse á cima pero en sentido contario ó realizado por nós .
Logo xa a pé de monte , diriximinos dirección Este buscando as terras de Sorribas . Antes da primeira aldea que nos atoparíamos dende que deixamos Macedos , cruzamonos cun grupo dunhas vinte unidades que comenzaban a ascensión , non sabemos por donde encamiñarían as suas monturas , pero si era ata onde nós iniciaramos o descenso , esperaballe unha xornada digna de disfrutar , eso si con unha boa dosis de esforzo .
Logo de pasalo noso Via Crucis particular , acadamos de novo o asfalto momento no que Basi acuciado por estar a súa hora na casa , impón unha marcheta que nos descolga o resto , xa contabamos con elo , seguimos a Sorribas , aquí tomamos dirección Norte cara Vilar de Abade , onde collemos de novo unha pista forestal , en bo estado , e pouco despois xa escoitamos as campanas de Bastavales . De novo ó asfalto que non deixaríamos ata o remate da ruta .
Dende a Iglesia de Bastavales diriximonos a Vilas , logo os Anxeles , onde os xa mencionados contratempos que sufrui Marcos na subida inicial , e que foron a mais ó longo da xornada , requiren dunha parada técnica para uns axustes provisionais .
Maga pide permiso aquí para continuar en solitario , o cal lle é concedido , xa que ainda quedaba o derradeiro escollo da xornada que era a ascensión dende Brión ata Portanxil , e prefería facelo a ritmo sosegado .
Xa en Reino lle damos alcance e voltamos a reagruparnos para rematar a xornada onde sempre , no Suarez , tomando os callos de Julia , e por alí comenzan a chegar , os durmilóns , os enfermos e os aventureiros que hoxe se meteron 44 Kilómetros , cun nivel acumulado subindo de 950 metros .

lunes, 17 de enero de 2011

A RUTA DA TETA

Imoslle dar este alcume á ruta realizada este pasado Domingo , en primeiro lugar pola ascensión que fixemos cara a aldeayu de Busto de Frades , e como de todos é sabido , ó busto , coloquialmente se lle denomina “ TETA” , e en segundo lugar porque a maioría chegamos arriba “MAMADOS” .
Iniciamos a etapa como rematamos a do pasado Domingo , pero en sentido contrario , e así partimos de Negreira para logo de pasar por Pontevedra , achegamonos a Maio Grande onde recollemos a outro dos nosos efectivos , sumando así nove ousados aventureiros , que se dirixiron ata a presa de Barrie da Maza . Ata aqui todo discurria polos cauces normais , pero esperaban 3,5 Kms. de dura ascensión , eso si por asfalto , que fixeron que algúns pagasen os excesos , e é que era moita caña para tanta cañita do dia anterior .
Xa no alto deixaríamos o asfalto , e logo de reagruparnos continuamos ascendendo outro kilómetro máis , pasamos por unha expectacular montaña rusa , cun descenso vertixinoso que da paso a unha subida das de case pé a terra . Tomamos unha pista ancha e con bo firme que daria a alternativa ó tramo máis técnico da xornada , moita pedra , un descenso de vértigo , e unhas vistas de luxo , ó rematalo descenso xiramos dirección norte cara Vilariño onde nos reagrupamos de novo e reparamos a primeira incidencia do dia , un pinchazo . Aproximamonos logo á zona onde se iniciara o ascenso a Busto de Frades , no lugar de A Graña , e a algún gracioso ocurriuselle a idea de tentalo de novo , pero imperou a cordura no seo do grupo e xunto con que as condicións metereolóxicas comenzaban a empeorar , continuamos en dirección a Amañecida .
Xa estaba a rematar a xornada , cando nos derradeiros coletazos da etapa , xurde un novo contratempo en forma de ruptura mecánica , un incidente que fixo inxeniar un novo sistema de remolcado de vehículos , que non creo se chegue a homologar nunca , pero que foi efectivo deixando así a bo recaudo a un dos nosos aventureiros na casa dos seus pais , ¿onde mellor podia quedar , verdade? .
Logo de deixalo noso compañeiro as ansias de chegar para ir tomalos callos do Suarez , fixo que o pelotón se emplease a fondo no descenso ata Negreira , que se fixo a un ritmo digno dun bo chuletón .

domingo, 9 de enero de 2011

A RUTA DAS ALDEAS ABANDOADAS

Imola denominar así , por ser durante moito tempo o alcume que por desgracia recibiron , xa que o feito dos movementos migratorios así as deixaron , orfas dos fillos da terra . Máis cousas dos tempos , agora dende uns anos voltan a cobrar vida , fruto das modas , da volta ás orixes ou da procura da tranquilidade perdida . Lobios e Pontevedra formarán parte da nosa ruta .
Dez da mañán , e a xente con dudas , pero finalmente xuntamonos cinco intrepidos aventureiros que a eso das 10:30 saimos do local de costume , o bar Suarez , para iniciar un xoranda espectacular que sorprendeu a máis de un polas impresionantes paisaxes polas que discurriu a marcha .
Deixaremos o noso Val para adentrarnos gañando pouco a pouco altitude , as zonas montañosas e atopala fermosura definitiva .
Tralo paso obrigado polo pazo do Cotón na carreira de San Mauro , e xa de cheo no antiguo camiño Real , imos segurir por él ata A Pena onde o deixaremos para xirar en dirección ó Gorgal .
Un primeiro tramo difícil e con zonas técnicas , debido ós recentes temporais , que fixeron que atopemos moita auga , barro , pedra solta ,e unido a que sempre iremos subindo ata acadala subestación do parque eólico , fai que comencemos polo máis difícil do que nos atoparemos na matinal dominical .
Xa chagados ós montes da Pena , un dos vértices xeodésicos do noso Val , e preto do que pasaremos , agora so nos quedará disfrutar desta altiplanicie , a que de Pedralonga nos aproximará a Barbazán , rodar , rodar e rodar , inspirando e empapandose da paisaxe .
Antes de chegar a Barbazán imos dar un pequeno rodeo para admirar unhas vistas de luxo a Serra do Barbanza , o Tambre e as ladeiras que o cobixan , San Xoán do Carballoso , en fín , dificil de describir no negro sobre blanco . Esperanos Lobios (cobertizo , especie de alpendre) , e acollenos cun silencio e unha paz que case che fai tremer , acabaremos bebendo das suas augas , para retomala marcha ata esta vez si , logo de pasar por Lueiro ata Barbazán , xa estamos na terra de cursos de auga encaixados entre barrancos .
Apetece visitalo bar local para repoñelos esgotados recepintes das nosas monturas , ó mesmo tempo que as deixamos descansar un intre , mentrás nós ............ .
Esperanos Pontevedra , previo paso polas terras de Liñaio , descendemos cara o Tambre , cruzamos afluentes , baixamos , baixamos (para iso xa antes subimos) , atopamonos cos cazadores dunha batida , e apurámola marcha non vai ser que nos confundan co máis astuto dos animais da nosa xeografía , nós os sentidos hoxe xa os temos finos e as sensacións moi vivas como o raposo , por iso alonxamonos cara os Maois , o Grande e o Pequeno , para así chegar por fín a Pontevedra .
Neste lugar está testemuñada unha vella ruta de peregrinación (voltamos a ser peregrinos , algún ata xa ten o aspecto) , asociada a un antigo camiño, capela con hospedaría, e a ponte de Pontevedra, e posible que esta ponte e camiño estivesen a veira dunha antiga vía secundaria de época romana que conectaría coa vía principal o sector norte da Península de Barbanza.
Xá so nos queda rematala xornada , logo dos coarenta kilómetros realizados , como de costume no Suarez , con Bienvenido apurando a Xulia , “ eses callos para estes esforzados , que de boa gana iria eu con vós, pero de coche da apoio . ¿Unhas cañiñas como sempre ? " . Como agradeceriamos este tente en pe , mediada a ruta , pero todo se andará que ainda estamos comenzando.
Agora aparecen polo bar os que non se presentaron na saída , e logo de vernos denotase unha envexa sana nas suas facianas e o desexo de vir na seguinte ocasión , pero chegado o dia Dios dirá , nós alí estaremos , desexando ser cantos máis mellor e abertos a todo o mundo . Podese decir iso tan socorrido “non nós mires unete” . Xa o sabedes Domingos ás dez saída do Suarez , sempre que o tempo o permita , alí estaremos prestos a conquerir novas metas .
+FOTOS AQUÍ