lunes, 17 de enero de 2011

A RUTA DA TETA

Imoslle dar este alcume á ruta realizada este pasado Domingo , en primeiro lugar pola ascensión que fixemos cara a aldeayu de Busto de Frades , e como de todos é sabido , ó busto , coloquialmente se lle denomina “ TETA” , e en segundo lugar porque a maioría chegamos arriba “MAMADOS” .
Iniciamos a etapa como rematamos a do pasado Domingo , pero en sentido contrario , e así partimos de Negreira para logo de pasar por Pontevedra , achegamonos a Maio Grande onde recollemos a outro dos nosos efectivos , sumando así nove ousados aventureiros , que se dirixiron ata a presa de Barrie da Maza . Ata aqui todo discurria polos cauces normais , pero esperaban 3,5 Kms. de dura ascensión , eso si por asfalto , que fixeron que algúns pagasen os excesos , e é que era moita caña para tanta cañita do dia anterior .
Xa no alto deixaríamos o asfalto , e logo de reagruparnos continuamos ascendendo outro kilómetro máis , pasamos por unha expectacular montaña rusa , cun descenso vertixinoso que da paso a unha subida das de case pé a terra . Tomamos unha pista ancha e con bo firme que daria a alternativa ó tramo máis técnico da xornada , moita pedra , un descenso de vértigo , e unhas vistas de luxo , ó rematalo descenso xiramos dirección norte cara Vilariño onde nos reagrupamos de novo e reparamos a primeira incidencia do dia , un pinchazo . Aproximamonos logo á zona onde se iniciara o ascenso a Busto de Frades , no lugar de A Graña , e a algún gracioso ocurriuselle a idea de tentalo de novo , pero imperou a cordura no seo do grupo e xunto con que as condicións metereolóxicas comenzaban a empeorar , continuamos en dirección a Amañecida .
Xa estaba a rematar a xornada , cando nos derradeiros coletazos da etapa , xurde un novo contratempo en forma de ruptura mecánica , un incidente que fixo inxeniar un novo sistema de remolcado de vehículos , que non creo se chegue a homologar nunca , pero que foi efectivo deixando así a bo recaudo a un dos nosos aventureiros na casa dos seus pais , ¿onde mellor podia quedar , verdade? .
Logo de deixalo noso compañeiro as ansias de chegar para ir tomalos callos do Suarez , fixo que o pelotón se emplease a fondo no descenso ata Negreira , que se fixo a un ritmo digno dun bo chuletón .

1 comentario:

Basante dijo...

Góstame o alcume da ruta. Certamente era como para mamarse aínda que o quedou meridianamente claro é que para afrontar estas etapas non hai que mamarse a noite anterior pois os excesos páganse. De todos xeitos a mín paréceme que algúns fixéronse os remolóns e non se emplearon a fondo co obxectivo de alentar os ánimos de algúns e logo deixalos plantados nalgunha etapa cabrona. Por certo a solución transitoria do cordel de alpaca para dar solución á rotura de cadena estivo ben pero non pode pasar outra vez. Hai que dotar ao equipamento dun tronchacadenas, xa! Ademais un fallo da ruta foi non incluir unha parada técnica nunha taberna enxebre. Coidadiño para o vindeiro domingo que xa me chegou información de que hai algúns que están a entrenarse pola súa conta durante a semana.