viernes, 30 de diciembre de 2011

PAN DE ZARCO ( ANCARES )

O 2011 está a piques de rematar , e para despedir o primeiro ano completo da nosa sección de btt , tiñamos que facer algo totalmente distinto , e así foi que gracias ás inquedanzas de Maga , nos diriximos un pequeno grupo a modo de avanzadilla ata o "mortirolo" español , e o dende hoxe famoso Pan de Zarco .
A idea era ir a sondeala zona para establecer no futuro un centro de saidas nos Ancares , e as sensacións foron boas , co cual coidamos que a partir de agora cada ano tentaremos de ir un nutrido grupo dos bttranos a pasar uns dias na zona e disfrutar da natureza , da compañia e da bici .
Pero descartamos voltar neste tempo e por un so día . Chegamos a eso das 10 da mañán , logo de sair ás 6 , e con moita precaución por mor das pracas de xeo , coas que José Luis soupo lidiar , eso si , nas bicis nos deron máis de un susto . Establecemolo campamento base na localidade leonesa de Balouta , para así ter uns kilómetros de rodaxe antes do inicio da ascensión . Xa de novo en Galicia nos atopamos en Murias co inicio da ascensión , quedamos de reagruparnos nas " Brañas de Pan de Zarco" , un conxunto de edificacións para o gando e cunha fonte de auga miragreira que formaba as brañas da zona . Foi curiosa a chegada de Maga cun canciño que o acompañaou a modo de gregario toda a ascensión . A partir deste punto a neve fiso acto de presenza sobre a pista e canto máis ascendiamos en cota , máis grosor tiña o manto branco . Chegados o cruce de camiños e novo voltamos a reagruparnos coa presenza de dous mastíns que coidaban dunhas fermosas tenreiras galegas e cos cuales Suso entablou amizade . So quedaba o tramo final e remataríamola ascensión , se todo o camiño nos acompañaron uns paisaxes de fermosura sen igual , as vistas dende a cima do porto a 1648 metros de altitude era espectaculares .
So quedaba descender ata o campamento base polo que repetiriamolo tramo ata o cruce de pistas pero agora en descendo , eso si coido que a pesar da pendente , ascendemos a maior velocidade do que o fisemos costa a baixo , era unha pista de patinaxe e as caidas do comenzo da xornada , dabanos boa conta do que nos podía acontecer en caso de arriscar , polo que o tomamos con moita calma , e unha vez chegados de novo cruce de pistas e pedir permiso de paso ós mastíns , so que daban descendelos derradeiros 3 kilómetros ata a Balouta . Logo nos metemos unha suculenta comida entre peito e espalda , que ben merecida a tiñamos , pola toleria que estabamos a realizar neste día Suso , Maga , Zarco , José Luis e Julio , pero que realmente mereceu a pena .
AQUÍ PODEDES VELAS FOTOS
AQUÍ PODES CONSULTALOS DETALLES DA RUTA
VIDEO DA CHEGADA AS BRAÑAS DO PAN DE ZARCO
VIDEO CHEGADA ALTO DA BALOUTA

No hay comentarios: