ETAPA 1 . PONFERRADA – TRIACASTELA . 72 KILÓMETROS
A idea inicial dun grupo de xente de Brión , entre ós que se atopaban algunhas “cabras” como Julio e Trigo , de facelo camiño de Santiago partindo de Ponferrada para chegar ata a cidade compostelán , comenzou a cobrar forza no noso grupo logo de que Cobas nos fisera chegala idea . Así foi como dende un primeiro momento xa se uniron a Cobas , Gerardo e Juan , non tardando moito en facelo Zarco , e finalmente Herminio tamén se apuntou . Os cinco intrepidos aventureiros BTTranos de Negreira unironse así pois a expedición composta por José Luis , Marcos , Miguel , e Nacho ,ademais dos xa mencionados Julio e Trigo . Na loxística tiñamos o apoio de Dora e a us fiel escudeira que en todo momento fiseron a nosa andaina máis cómoda e doada , cousa que nunca poderemos agradecerllo de forma axeitada .
Saímos o venrés cara Ponferrada nun coche guiado maxistralmente por Cobas e Gerardo , chegando á localidade de saída xa ben entrada a noite , logo da primeira caña (xa atopamos un local de estrella Galícia nada máis chegar) , xuntamonos cos oito que sairan dende Brión coas nosas monturas e parte dos enseres , e logo dun tentempe , fomonos a descansar no albergue de San Nicolás de Flüe da citada localidade .
O sábado comenzamos cun bo desaiuno para quentalo corpo , ainda non abrira o dia cando saimos , pois non era ata a madrugada seguinte cando se produciría o cambio de hora . A primeira parte da xornada discurria por terreo máis ou menos chan , e cunhas temperaturas baixo cero , o que facía que algún se lembrase das amputacións que Juanito Oiarzabal sufriu nas suas falanxes . Logo dun par de paradas de reagrupamento en Cacabelos e Villafranca , chegamos a Vega de Valcarcel onde demos conta dun merecido almorzo , para repoñer forzas antes de asumila dificultade da xornada , que non era outra que a ascensión ó alto do Cebreiro . En oito kilómetros íamos salvar 690 metros de desnível , cunha pendente media entorno ó 8,5 % , e cunha rampa do 25% , e algunha outra do 17,5% , 12,2% , 11,4% , 9,5% ...... . Logo disto era merecido tomarse un descanso e unha caña , pois ainda quedaban 22 kilómetros ata ó remate da xornada .
Quedabanos ainda por conquistalo punto mais alto , que nos atopariamos dende o inicio do camiño ata chegar a Santiago , o alto do Poio de 1330 metros de altitude . Pero antes deste punto reagrupariamonos a carón dunhas das típicas imaxes do camiño . So quedaba baixar ata Triacastela onde nos esperaba unha repoñedora comida , e na cal se nos ofrecia queixo do Cebreiro , pero algún comentou que do Cebreiro non queria voltar a oir falar .
Xa contra a noitiña tocou visitala cercana localidade de Samos , onde logo cearímos un suculento churrasquiño antes de ir a “descansar” . Gerardo tivo que dirixir toda a noite a orquesta “Sintonía BTTrana” , que actuaba no albergue Berce do camiño de Triacastela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario