lunes, 24 de enero de 2011

RUTA DE SANTA CECIA

A ruta de hoxe comenzaba con inesperadas ausencias , e así a última hota caían o noso xefe de filas , Cobas , e Yerar , este último afectado polo mal de altura , xa que non foi quen de baixar da cama . E Muiño , Victor e Santi xa dixeran que non era o día para eles .
Con todo elo Herminio , Marcos , Maga , Vilela e Zarco saen a procura de Basi que nos saia ó camiño , xa que o home estaba un pouco xusto de tempo este día , pero as gañas de sair a dar pedal non deixaron que nos abandonase a nosa sorte .
Así achegamonos a Urdilde por pistas en bo estado , e sempre gañando en altura ainda que non o parecese . Unhas molestias impiden a Vilela continuar con nós e abandona o grupo , que sigue ruta ata Macedos , alí logo de saudar a Basi , comenzamos a ascensión por unha pista asfaltada que nos aproximará ata onde se atopa unha caseta de vixiancia de incendios forestais denominada polos seus moradores estivais como “Santa Cecia” .
Subida duns tres kilómetros aproximadamente , tendida e sen moita dificultade ata que preto do final ten unha rampla considerable , que fai que as mecánicas se resintan e Basi e Marcos sufran pequenos contratempos , por certo o de Basi tivo tamén consecuencias para Zarco .
Reagrupamonos no cumio e disfrutamos un intre das vistas , comenzamos de seguido un descenso por unha pista en bastante bo estado , no camiño atopamonos xa con outros esforzados do pedal , que aproximabanse á cima pero en sentido contario ó realizado por nós .
Logo xa a pé de monte , diriximinos dirección Este buscando as terras de Sorribas . Antes da primeira aldea que nos atoparíamos dende que deixamos Macedos , cruzamonos cun grupo dunhas vinte unidades que comenzaban a ascensión , non sabemos por donde encamiñarían as suas monturas , pero si era ata onde nós iniciaramos o descenso , esperaballe unha xornada digna de disfrutar , eso si con unha boa dosis de esforzo .
Logo de pasalo noso Via Crucis particular , acadamos de novo o asfalto momento no que Basi acuciado por estar a súa hora na casa , impón unha marcheta que nos descolga o resto , xa contabamos con elo , seguimos a Sorribas , aquí tomamos dirección Norte cara Vilar de Abade , onde collemos de novo unha pista forestal , en bo estado , e pouco despois xa escoitamos as campanas de Bastavales . De novo ó asfalto que non deixaríamos ata o remate da ruta .
Dende a Iglesia de Bastavales diriximonos a Vilas , logo os Anxeles , onde os xa mencionados contratempos que sufrui Marcos na subida inicial , e que foron a mais ó longo da xornada , requiren dunha parada técnica para uns axustes provisionais .
Maga pide permiso aquí para continuar en solitario , o cal lle é concedido , xa que ainda quedaba o derradeiro escollo da xornada que era a ascensión dende Brión ata Portanxil , e prefería facelo a ritmo sosegado .
Xa en Reino lle damos alcance e voltamos a reagruparnos para rematar a xornada onde sempre , no Suarez , tomando os callos de Julia , e por alí comenzan a chegar , os durmilóns , os enfermos e os aventureiros que hoxe se meteron 44 Kilómetros , cun nivel acumulado subindo de 950 metros .

No hay comentarios: