Mostrando entradas con la etiqueta juan. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta juan. Mostrar todas las entradas
jueves, 8 de diciembre de 2011
jueves, 3 de noviembre de 2011
O CAMIÑO MÁIS BTTRANO
ETAPA 1 . PONFERRADA – TRIACASTELA . 72 KILÓMETROS
Saímos o venrés cara Ponferrada nun coche guiado maxistralmente por Cobas e Gerardo , chegando á localidade de saída xa ben entrada a noite , logo da primeira caña (xa atopamos un local de estrella Galícia nada máis chegar) , xuntamonos cos oito que sairan dende Brión coas nosas monturas e parte dos enseres , e logo dun tentempe , fomonos a descansar no albergue de San Nicolás de Flüe da citada localidade .
Quedabanos ainda por conquistalo punto mais alto , que nos atopariamos dende o inicio do camiño ata chegar a Santiago , o alto do Poio de 1330 metros de altitude . Pero antes deste punto reagrupariamonos a carón dunhas das típicas imaxes do camiño . So quedaba baixar ata Triacastela onde nos esperaba unha repoñedora comida , e na cal se nos ofrecia queixo do Cebreiro , pero algún comentou que do Cebreiro non queria voltar a oir falar .
Xa contra a noitiña tocou visitala cercana localidade de Samos , onde logo cearímos un suculento churrasquiño antes de ir a “descansar” . Gerardo tivo que dirixir toda a noite a orquesta “Sintonía BTTrana” , que actuaba no albergue Berce do camiño de Triacastela.
miércoles, 6 de abril de 2011
RUTA BASI
Este pasado Domingo foi Basi o encargado de tirar do pelotón , pois era o que tiña a tarefa de marcala ruta a seguir .
Quedamos como de costume á hora e no lugar xa tradicionais , de onde partimos Cobas , Maga e Zarco , no camiño quedaramos con Basi , xa xuntos os catros comentamolo encontro do día anterior , mentrás esperabamos a Juan que saíra con retraso , aquí foi onde nos atopamos coa sorpresa da xornada que non era outra que a Antenas , ó cal logo de moita insistencia forzamolo a subir ata o alto de Santa Cecia ou Ruibal .
Reagrupamento no alto , bebemos , comemos un pouco e descendemos cara Liñares polo único tramo sen asfaltar do que gozamos nese día . Antenas declina a oferta de seguirnos pois tiña premura por chegar a casa .
Esta zona é "abojosa" para o btt e por ilo nos cruzamos con varios esforzados deste deporte , que como nós disfrutaban dunha xornada estupenda en canto ó climatolóxico .
Unha vez chegado a carón do río non queda outra que subir cara Urdilde , pero antes de chegar a esta localidade diriximonos á aldea que viu nacer o pai do noso bravo central , eso sí para chegar a ela tiñamos que afrontar unha nova rampiña , que tería sorpresa , xa que cando case acadaramolo cumio , resulta que estaba cortada a carretera e tiñamos que dar un rodeo por onde voltabamos a coller un repeito que fixo flaquear a máis de un .
Logo dun merecido descansiño , continuamos ata dar na carretera de Noia a Santiago (agora sen moito tráfico)dirixíndonos a Urdilde (onde despedimos a Basi)a partir de onde desfacemos o camiño cara Negreira , e con puntualidade Suiza como recoñeceu Suarez , chegamos para tomalos callos e as merecidas cañas .
Por certo foi un día onde as monturas non estaban o cen por cen , e ó longo da semán varias forón as que visitaron ós doutores-velocípedos . Algunha incluso tivo que ser sustituida por non chegar a tempo a cita dominical , por unha montura doble-ríxida , con freos tradicionais e mecánica das de antes , pero que consiguiu rematala proba con notable alto .

lunes, 28 de marzo de 2011
I RUTA BTT CONCELLO DE MAZARICOS
Xa o dixo Felipe II "Yo envié a mis naves a pelear contra los hombres, no contra los elementos".
Esto foi o que poideron pensar moitos dos que se ausentaron da proba celebreda este pasado domingo en Mazaricos . Tratábase da I ruta btt do citado concello , e o día anterior fora un día de cans , pero tíñase a esperanza de que na xornada dominical o deus Cronos se compadecese dos esforzados btteros e lles dese unha tregua para so ter que mollarse dende abaixo e non tamén dende arriba . Magoa!!!! Cronos debeu sufrilos efectos do troco horario .
De 340 anotados apareceron 210 , entre eles como non , os BTTRANOS DE NEGREIRA , debutantes neste mundillo das probas organizadas , pero xa curtidos en miles de batallas polos campos de fútbol , onde o de ducharse en auga fría era como o pan do día , as "lamujeiras" a común das superficies no inverno , pasar frío , mollarse , mancarse , sangrar e suar eran elementos que formaban parte do xogo . Asique , dos lamentos de moitos , nós fixemolo noso gozo , camiños por onde baixaban verdadeiros ríos , lama por todos lados , frío , vento , auga , e 38 kilómetros para disfrutar .
Diseñaron estes mazaricáns un roteiro con un par de trialeras nas que as ríxidas sufrian , un ascenso dun 24% , que tan so os máis fortes e afortunados conquerirón subilo (moi poucos) , xa que unha pedra das moitas que tiña podiache facer baixar da montura . Corredoiras enlamadas , outras pedregosas ,¡¡ que enganados nos tiñan !! .
Moitas incidencias , caidas , pinchazos , roturas de cadeas , abandonos por graves averias , xunto coas condicións climáticas , fixeron do día unha xornada épica das que fan afición .
No aspecto macánico nós saimos airosos , polo que temos que felicitar ó noso equipo que todo o inverno traballaron na factoria para darnos unhas monturas , que non serán as mellores para as trialeras , pero gozan dunha mecánica e un motor de total fiabilidade .
No aspecto organizativo , para sela primeira vez , tiñán a máquina ben engrasada , moito persoal do concello como é habitual , voluntarios , todos eles sufrindo os rigores do día cunha sonrrisa e un xesto de ánimo para os participantes . Non faltaba de nada nos avituallamientos , e a comida de despois impresionante pola variedade e cantidade .
En definitiva altamente recomendable este tipo de probas , e se son como a deste domingo moito máis . Quedounos pena de non ser incluidos na de Dumbria , e agora a esperar ás próximas en Brión e a Santa Comba .
Como diría o noso presidente Milos I "Eu mando homes a loitar contra os elementos e voltan gladiadores". E estes forón Marcus Valerio el hispánico , Magariñus Diocles el hispano , Gerardus Scipion el africanus , Santiagus Flamma el sirio , Juan Prico el galo e Zarco Espartaco el Tacio .
domingo, 20 de marzo de 2011
RUTA DA PEDRA SERPAL-CENTRAL DO TAMBRE
Este fín de semán tivemos cambio de día de saída , xa que o non xogar este sábado , foi este día o sinalado para realizala kdada dos bttranos . Dada a afluencia de btteros ( supoñemos que o día que facía axudou ) , teremos en conta unha vez que remate a liga de fútbol de trocalo día de saída .
A ruta iniciabase como sempre no Suarez , coa nova incorporación de Vales , e os que xa están a ser fixos , Iván , Leo e Juan Noia , ademáis Yeral e Juan Vilela que xa facía tempo que non saían con nós na fín de semán tamén se unian ós Cobas , Basi , Maga , Zarco e Muiño , este último tamén dos que non é da partida os domingos polos seus compromisos laborais .
Logo da subida a Zas deixámolo asfalto para meternos de cheo nas novas pistas de concentración , que nós acercaron a Cruxido , xa alí iniciamos unha dura subida por asfalto ata Vilar de Ordoeste , onde colleríamos a pista forestal que vai ata Porqueira , dende aquí de novo por asfalto ata Forniños a onde chegamos trás decidir facela subida máis longa pero máis tendida , xa que a opción curta , a de baixar a Devesa para logo ascender ata Forniños , pareceunos demasiado esixente para o que ainda nós quedaría .
No alto ó pasala aldea de Forniños e onde confluen os concello de Negreira e Outes dirixímonos cara o primeiro obxectivo da xornada a " Pedra Serpal " , preto do paraxe de San Xoán do Carballoso , onde se celebra o domingo anterior ó 24 de xuño , (cando este cae en día laborable) unha afamada romería campestre . Dende esta Pedra , mencionada na lenda de San Campio xa que os seus restos pasaron por aquí antes de chegar a Entíns , as vistas son espectaculares , a ría de Noia-Muros , a península do Barbanza , e o Tambre no seu abrazo co mar .
Xa metidos dende fai un rato en pistas forestais , comenzamos un descenso frenético por elas cara o río Tambre , e xa de cheo no concello de Outes . O estado da pista fai que algún probe os sinsabores deste deporte , ó rematar co seu corpo na cuneta , realizando un tratamento intensivo de acupuntura galega a base de Ulex Europaeus (toxo) , nas suas extremidades superiores .
A ruta iniciabase como sempre no Suarez , coa nova incorporación de Vales , e os que xa están a ser fixos , Iván , Leo e Juan Noia , ademáis Yeral e Juan Vilela que xa facía tempo que non saían con nós na fín de semán tamén se unian ós Cobas , Basi , Maga , Zarco e Muiño , este último tamén dos que non é da partida os domingos polos seus compromisos laborais .
Logo da subida a Zas deixámolo asfalto para meternos de cheo nas novas pistas de concentración , que nós acercaron a Cruxido , xa alí iniciamos unha dura subida por asfalto ata Vilar de Ordoeste , onde colleríamos a pista forestal que vai ata Porqueira , dende aquí de novo por asfalto ata Forniños a onde chegamos trás decidir facela subida máis longa pero máis tendida , xa que a opción curta , a de baixar a Devesa para logo ascender ata Forniños , pareceunos demasiado esixente para o que ainda nós quedaría .
No alto ó pasala aldea de Forniños e onde confluen os concello de Negreira e Outes dirixímonos cara o primeiro obxectivo da xornada a " Pedra Serpal " , preto do paraxe de San Xoán do Carballoso , onde se celebra o domingo anterior ó 24 de xuño , (cando este cae en día laborable) unha afamada romería campestre . Dende esta Pedra , mencionada na lenda de San Campio xa que os seus restos pasaron por aquí antes de chegar a Entíns , as vistas son espectaculares , a ría de Noia-Muros , a península do Barbanza , e o Tambre no seu abrazo co mar .
Nun abrir e pechar de ollos plantamonos na ponte colgante da central do Tambre a cal permitenos sortear a barreira natural que supón o noso fermoso río .
Esta zona e verdadeiramente expectacular e quedou retida na nosa memoria como obxectivo para unha merendola noutra das nosas kdadas , na que faremos un paréntesis para ese apetecible " ágape " , sen lugar a dudas queda marcada no calendario tan magno acontecemento do que daremos cumprida información .
Pero voltemos ó relato do acontecido na ruta , xa que como de todos e sabido logo de tanto baixar , non quedaba outra que subir e tiñamos que gañar altura , o que fisemos por unha pista con bo asfalto pero cunha pendente considerable , ata que xa a deixamos e collemola pista que se dirixe á presa . O estado da mesma con moita pedra solta e sempre en " falso llano " ascendente , fixo que moitos se queixasen da mesma , pero este foi mitigado polas vistas que nos deixaba percibir .
Por fín chegamos a Vilariño , e de alí so quedaba o descenso ata a parede do Tambre , a partir de aquí colleunos a noite de repente , ó non calcularar ben o tempo da ruta , pero como castigo disfrutamos do nacemento da lua máis grande dende fai duas décadas , a cal fomos contemplando de camiño a casa tralo paso por Maio Grande , Maio Pequeno , Pontevedra e Gonte . Ó remate unhas cañiñas no Suarez para queles que tiñan que pasalo control .
O Domingo so foi quen de repetir Iván , que xunto con Marcos e Bebeto ( unha nova incorporación ) forón ata a Muralla , ruta que non fai moito xa poidemos disfrutar parte de nós , aínda que desta volta eles variaron un pouco o percorrido que se realizara na primeira ocasión . Esta semán saíremos o xovés ás 16:30 do Suarez , e xa na fín de semán o grupo quedará un pouco disgregado , pois Marcos , Yeral , Maga , Basi , Santi e Zarco irán ata terras de Mazaricos a disfrutar da I Ruta BTT que alí se organizan . Sen embargo o resto se teñen pensado sair , queda emprazado como de costume, é decir ás dez no Suarez .
domingo, 6 de febrero de 2011
I CLÁSICA DE SAN BLAS
A comisión de festas de Ceilán organizou , para este Domingo a I clásica de San Blas , e alí nos presentamos os BTTRANOS cun surtido elenco de participantes , sumando un total de 16 esforzados da bicicleta . Causaron baixa a última hora algúns con certo medo excénico á ruta que diseñou a organización ( O MEU CORPO NON LLE FIXO MAL A NINGUÉN , decían).
Foi tamén a presentación dos novos modelos adquiridos recentemente por Basi , Isma e Alvaro , e a reconstruida bici de Muiño .
A mañán era desapacible , pola mesta neboa que crubria o noso Val o que facía que as temperaturas fosen baixas , pero esto so foi o comenzo xa que o pouco de gañar altura esta desapareceu , e xa cando voltamos ás zonas máis baixas da proba , non quedaba restos da mesma dando paso a unha mañán explendida .
A saída deuse con puntualidade Suiza logo da foto de grupo , e dun tentempe que a organización agasallou ós preto de 40 participantes . Saída neutralizada ata onde se deixaba o asfalto e dende ese momento veña para arriba . Do perfíl da etapa non vou contar moito xa que foi analizada na previa que fixemos o pasado Domingo . O importante foi que cada un o seu ritmo desfrutou dunha xornada dominical un pouco diferente ás KDADAS que facemos a cotio .
Aconteceu algunha que outra caida , pero a xornada descirriu sen incidentes salientables a non ser os típicos pinchazos .
A iniciativa desta Comisión e de agradecer por tódolos amantes da BTT da nosa comarca , e esperemos que se sintan con forzas e o ano que ven a organicen xa dun xeito máis formal e que se faga extensible a moita máis xente . O apoio dos Btteranos seguro que o van ter , e esperemos que das institucións e casa comerciais tamén .

| "QUENTANDO" MOTORES PARA A PROBA |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)