Mostrando entradas con la etiqueta vili. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vili. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de diciembre de 2011

jueves, 8 de diciembre de 2011

FOTOS NEGREIRA-FISTERRA

lunes, 7 de noviembre de 2011

O CAMIÑO MÁIS BTTRANO III

ETAPA 3. PALAS DE REI – SANTIAGO . 69 KILÓMETROS
Etapa rompepernas de novo , constantes ascensos e descensos por vales e rios que desembocan no Tambre . Paso fugaz por Melide e continuar ata que paramos en Boente para reagruparnos e deixala sinatura do noso paso pola localidade feito do cal se encargou neste caso Hermínio cunha caligrafía digna do mellor escribano . Ó pasar Arzua paramos a almorzar uns bocatas e unhas cañas que ben as tiñamos gañadas , pois íamos sobre o mellor dos horarios previstos .
Na nosa ruta coincidimos todo o dia cunha expedición que viña facendo o camiño correndo dende León , por relevos ata o monte do Gozo dende onde xa baixarian todos xuntos ata a catedral , e que tiñan un ritmo impresionante , xa que ian á par de nós , eso si eles non paraban nas tabernas , incluso apostamolo pulpo con eles , sabedores de que iamos a gañar , ó remate coincidimos todos xuntos no monte do Gozo , e claro dende ahí xa non tiñan nada que facer polo cal , como bos anfitrións galegos deixamos sen efecto a aposta .

Antes de O Pino un novo reagrupamento para recuperar forzas e tomala última do camiño . A próximidade da chegada a Compostela facía que Cobas e Hermínio alentasen ó grupo coas suas mensaxes de ánimo e de xubilo polo obxectivo cumprido e así foi que no preambulo á chegada , e no monte onde se divisan as torres da catedral sucederonse os abrazos , as felicitacións e as fotos de rigor , ata algún ofreceu a súa montura o Santo Apostolo “jindando” con ela en tan solemne lugar .
So quedaba descender ata o remate do camiño na praza do Obradoiro , onde de novo voltaronse a repetilas esceas do monte do Gozo , e donde nos emprazados mutuamnete para novas xuntanzas ,como a do próximo 6 de Nadal , data na cal faremolo tramo entre Negreira e Fisterra .
A sorte estivo do noso lado todo o camiño , nin roturas nas monturas , nin auga dende o ceo , nin percance algún salientable , eso si , como se o Santo estivera detrás desta “dicha” , foi collela compostela e comenzar a abrilo ceo e descargala auga dos sete mares , ¡¡¡¡ pero nós xa tiñamolo obxectivo conquerido !!!! .

Non podíamos rematala fazaña sen adorar ós deuses Baco e Neptuno , degustando unhas cuncas de viño e un bo polbo antes de chegar a casa e poñelos dende longos ós que aqui quedaron e non forón da partida .
O camiño de Santiago xa non voltará a selo mesmo logo do paso dos bttranos de Negreira que foron deixando o nome da nosa localidade por todo ó alto alí por onde pasaron .
Isto non fiso máis que empezar , continuará ...................... .

viernes, 4 de noviembre de 2011

O CAMIÑO MÁIS BTTRANO II


ETAPA 2 . TRIACASTELA – PALAS DE REI . 66 KILÓMETROS .

Comenzou a xornada dominical cunha ascensión , así xa en frío ata o alto de Riocabo pero cunha paixase de gran beleza que facía mais grato o sufrimento . Logo desta primeira dificultade iniciamolo descenso ata Sarria , onde Juan por fín poido disfrutar do lindo polos carreiros que surcaban  as máis singulares carballeiras do noso percorrido. Nesta localidade e antes de afrontala subida ata Cortiñas , fisemola parada de rigor para repoñer forzas e entablar conversa con outros peregrinos . A baixada a Portomarín tivo algún que outro susto xa que unha vaca case embiste a Juan e ó pouco Hermínio case fai o mesmo con Zarco , pero todo quedou neso un susto .
 Na localidade ós pés da cal está o embalse de Belesar , que debido á seca deixaba o descuberto tódalas antigas edificación existentes antes da construcción do mesmo , demos boa conta do avituallamento que o noso equipo de apoio nos tiña preparado .
Esperabannos 14 kilómetros dunha ascensión tendida ata pasala localidade de Ventas de Narón , e dende aqui un trazodo rompepernas nos conduciría ata Palas de Rei . Comida , paseo e tarde de fútbol ata a hora de cear . Aquí foi onde os tres mosqueteros , Aramis Cobas , Athos Juan e Portos Gerardo lamentaron que non nos acompañase algún dos asiduos ás partidas de cartas do Suarez , xa que ese dia co cambio de hora a tarde foi longa e tanto D´artagnan Zarco , así como Richelieu Hermínio non facían punto ,  nin tampouco ningún do resto de mosqueteros que os acompañaba , teremos que poñernos a elo para que na próxima non volte a ocurrir isto .
Na cea entablamos conversa cun veciño de Dumbria que tiña un asador preto de alí e co cal quedamos emprazados para facerlle unha visita algún día e degustala sua exquisita carne como el a definiu .  
Esa última noite e por casualidades do destino e como despedida , tocou durmir a toda a expedición xunta , ó mellor por iso ou por casualidade non fiso acto de presencia a orquesta da noite anterior .

domingo, 20 de marzo de 2011

RUTA DA PEDRA SERPAL-CENTRAL DO TAMBRE

Este fín de semán tivemos cambio de día de saída , xa que o non xogar este sábado , foi este día o sinalado para realizala kdada dos bttranos . Dada a afluencia de btteros ( supoñemos que o día que facía axudou ) , teremos en conta unha vez que remate a liga de fútbol de trocalo día de saída .
A ruta iniciabase como sempre no Suarez , coa nova incorporación de Vales , e os que xa están a ser fixos , Iván , Leo e Juan Noia , ademáis Yeral e Juan Vilela que xa facía tempo que non saían con nós na fín de semán tamén se unian ós Cobas , Basi , Maga , Zarco e Muiño , este último tamén dos que non é da partida os domingos polos seus compromisos laborais .
Logo da subida a Zas deixámolo asfalto para meternos de cheo nas novas pistas de concentración , que nós acercaron a Cruxido , xa alí iniciamos unha dura subida por asfalto ata Vilar de Ordoeste , onde colleríamos a pista forestal que vai ata Porqueira , dende aquí de novo por asfalto ata Forniños a onde chegamos trás decidir facela subida máis longa pero máis tendida , xa que a opción curta , a de baixar a Devesa para logo ascender ata Forniños , pareceunos demasiado esixente para o que ainda nós quedaría .

No alto ó pasala aldea de Forniños e onde confluen os concello de Negreira e Outes dirixímonos cara o primeiro obxectivo da xornada a " Pedra Serpal " , preto do paraxe de San Xoán do Carballoso , onde se celebra o domingo anterior ó 24 de xuño , (cando este cae en día laborable) unha afamada romería campestre . Dende esta Pedra , mencionada na lenda de San Campio xa que os seus restos pasaron por aquí antes de chegar a Entíns , as vistas son espectaculares , a ría de Noia-Muros , a península do Barbanza , e o Tambre no seu abrazo co mar .
Xa metidos dende fai un rato en pistas forestais , comenzamos un descenso frenético por elas cara o río Tambre , e xa de cheo no concello de Outes . O estado da pista fai que algún probe os sinsabores deste deporte , ó rematar co seu corpo na cuneta , realizando un tratamento intensivo de acupuntura galega a base de Ulex Europaeus (toxo) , nas suas extremidades superiores .
Nun abrir e pechar de ollos plantamonos na ponte colgante da central do Tambre a cal permitenos sortear a barreira natural que supón o noso fermoso río .
Esta zona e verdadeiramente expectacular e quedou retida na nosa memoria como obxectivo para unha merendola noutra das nosas kdadas , na que faremos un paréntesis para ese apetecible " ágape " , sen lugar a dudas queda marcada no calendario tan magno acontecemento do que daremos cumprida información .
Pero voltemos ó relato do acontecido na ruta , xa que como de todos e sabido logo de tanto baixar , non quedaba outra que subir e tiñamos que gañar altura , o que fisemos por unha pista con bo asfalto pero cunha pendente considerable ,  ata que xa a deixamos e collemola pista que se dirixe á presa . O estado da mesma con moita pedra solta e sempre en " falso llano " ascendente , fixo que moitos se queixasen da mesma , pero este foi mitigado polas vistas que nos deixaba percibir .
Por fín chegamos a Vilariño , e de alí so quedaba o descenso ata a parede do Tambre , a partir de aquí colleunos a noite de repente , ó non calcularar ben o tempo da ruta , pero como castigo disfrutamos do nacemento da lua máis grande dende fai duas décadas , a cal fomos contemplando de camiño a casa tralo paso por Maio Grande , Maio Pequeno , Pontevedra e Gonte .  Ó remate unhas cañiñas no Suarez para queles que tiñan que pasalo control .
O Domingo so foi quen de repetir Iván , que xunto con Marcos e Bebeto ( unha nova incorporación ) forón ata a Muralla , ruta que non fai moito xa poidemos disfrutar parte de nós , aínda que desta volta eles variaron un pouco o percorrido que se realizara na primeira ocasión . Esta semán saíremos o xovés ás 16:30 do Suarez , e xa na fín de semán o grupo quedará un pouco disgregado , pois Marcos , Yeral , Maga , Basi , Santi e Zarco irán ata terras de Mazaricos a disfrutar da I Ruta BTT que alí se organizan . Sen embargo o resto se teñen pensado sair , queda emprazado como de costume, é decir ás dez no Suarez .