Mostrando entradas con la etiqueta muiño. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de diciembre de 2011
domingo, 20 de marzo de 2011
RUTA DA PEDRA SERPAL-CENTRAL DO TAMBRE
Este fín de semán tivemos cambio de día de saída , xa que o non xogar este sábado , foi este día o sinalado para realizala kdada dos bttranos . Dada a afluencia de btteros ( supoñemos que o día que facía axudou ) , teremos en conta unha vez que remate a liga de fútbol de trocalo día de saída .
A ruta iniciabase como sempre no Suarez , coa nova incorporación de Vales , e os que xa están a ser fixos , Iván , Leo e Juan Noia , ademáis Yeral e Juan Vilela que xa facía tempo que non saían con nós na fín de semán tamén se unian ós Cobas , Basi , Maga , Zarco e Muiño , este último tamén dos que non é da partida os domingos polos seus compromisos laborais .
Logo da subida a Zas deixámolo asfalto para meternos de cheo nas novas pistas de concentración , que nós acercaron a Cruxido , xa alí iniciamos unha dura subida por asfalto ata Vilar de Ordoeste , onde colleríamos a pista forestal que vai ata Porqueira , dende aquí de novo por asfalto ata Forniños a onde chegamos trás decidir facela subida máis longa pero máis tendida , xa que a opción curta , a de baixar a Devesa para logo ascender ata Forniños , pareceunos demasiado esixente para o que ainda nós quedaría .
No alto ó pasala aldea de Forniños e onde confluen os concello de Negreira e Outes dirixímonos cara o primeiro obxectivo da xornada a " Pedra Serpal " , preto do paraxe de San Xoán do Carballoso , onde se celebra o domingo anterior ó 24 de xuño , (cando este cae en día laborable) unha afamada romería campestre . Dende esta Pedra , mencionada na lenda de San Campio xa que os seus restos pasaron por aquí antes de chegar a Entíns , as vistas son espectaculares , a ría de Noia-Muros , a península do Barbanza , e o Tambre no seu abrazo co mar .
Xa metidos dende fai un rato en pistas forestais , comenzamos un descenso frenético por elas cara o río Tambre , e xa de cheo no concello de Outes . O estado da pista fai que algún probe os sinsabores deste deporte , ó rematar co seu corpo na cuneta , realizando un tratamento intensivo de acupuntura galega a base de Ulex Europaeus (toxo) , nas suas extremidades superiores .
A ruta iniciabase como sempre no Suarez , coa nova incorporación de Vales , e os que xa están a ser fixos , Iván , Leo e Juan Noia , ademáis Yeral e Juan Vilela que xa facía tempo que non saían con nós na fín de semán tamén se unian ós Cobas , Basi , Maga , Zarco e Muiño , este último tamén dos que non é da partida os domingos polos seus compromisos laborais .
Logo da subida a Zas deixámolo asfalto para meternos de cheo nas novas pistas de concentración , que nós acercaron a Cruxido , xa alí iniciamos unha dura subida por asfalto ata Vilar de Ordoeste , onde colleríamos a pista forestal que vai ata Porqueira , dende aquí de novo por asfalto ata Forniños a onde chegamos trás decidir facela subida máis longa pero máis tendida , xa que a opción curta , a de baixar a Devesa para logo ascender ata Forniños , pareceunos demasiado esixente para o que ainda nós quedaría .
No alto ó pasala aldea de Forniños e onde confluen os concello de Negreira e Outes dirixímonos cara o primeiro obxectivo da xornada a " Pedra Serpal " , preto do paraxe de San Xoán do Carballoso , onde se celebra o domingo anterior ó 24 de xuño , (cando este cae en día laborable) unha afamada romería campestre . Dende esta Pedra , mencionada na lenda de San Campio xa que os seus restos pasaron por aquí antes de chegar a Entíns , as vistas son espectaculares , a ría de Noia-Muros , a península do Barbanza , e o Tambre no seu abrazo co mar .
Nun abrir e pechar de ollos plantamonos na ponte colgante da central do Tambre a cal permitenos sortear a barreira natural que supón o noso fermoso río .
Esta zona e verdadeiramente expectacular e quedou retida na nosa memoria como obxectivo para unha merendola noutra das nosas kdadas , na que faremos un paréntesis para ese apetecible " ágape " , sen lugar a dudas queda marcada no calendario tan magno acontecemento do que daremos cumprida información .
Pero voltemos ó relato do acontecido na ruta , xa que como de todos e sabido logo de tanto baixar , non quedaba outra que subir e tiñamos que gañar altura , o que fisemos por unha pista con bo asfalto pero cunha pendente considerable , ata que xa a deixamos e collemola pista que se dirixe á presa . O estado da mesma con moita pedra solta e sempre en " falso llano " ascendente , fixo que moitos se queixasen da mesma , pero este foi mitigado polas vistas que nos deixaba percibir .
Por fín chegamos a Vilariño , e de alí so quedaba o descenso ata a parede do Tambre , a partir de aquí colleunos a noite de repente , ó non calcularar ben o tempo da ruta , pero como castigo disfrutamos do nacemento da lua máis grande dende fai duas décadas , a cal fomos contemplando de camiño a casa tralo paso por Maio Grande , Maio Pequeno , Pontevedra e Gonte . Ó remate unhas cañiñas no Suarez para queles que tiñan que pasalo control .
O Domingo so foi quen de repetir Iván , que xunto con Marcos e Bebeto ( unha nova incorporación ) forón ata a Muralla , ruta que non fai moito xa poidemos disfrutar parte de nós , aínda que desta volta eles variaron un pouco o percorrido que se realizara na primeira ocasión . Esta semán saíremos o xovés ás 16:30 do Suarez , e xa na fín de semán o grupo quedará un pouco disgregado , pois Marcos , Yeral , Maga , Basi , Santi e Zarco irán ata terras de Mazaricos a disfrutar da I Ruta BTT que alí se organizan . Sen embargo o resto se teñen pensado sair , queda emprazado como de costume, é decir ás dez no Suarez .
domingo, 6 de febrero de 2011
I CLÁSICA DE SAN BLAS
A comisión de festas de Ceilán organizou , para este Domingo a I clásica de San Blas , e alí nos presentamos os BTTRANOS cun surtido elenco de participantes , sumando un total de 16 esforzados da bicicleta . Causaron baixa a última hora algúns con certo medo excénico á ruta que diseñou a organización ( O MEU CORPO NON LLE FIXO MAL A NINGUÉN , decían).
Foi tamén a presentación dos novos modelos adquiridos recentemente por Basi , Isma e Alvaro , e a reconstruida bici de Muiño .
A mañán era desapacible , pola mesta neboa que crubria o noso Val o que facía que as temperaturas fosen baixas , pero esto so foi o comenzo xa que o pouco de gañar altura esta desapareceu , e xa cando voltamos ás zonas máis baixas da proba , non quedaba restos da mesma dando paso a unha mañán explendida .
A saída deuse con puntualidade Suiza logo da foto de grupo , e dun tentempe que a organización agasallou ós preto de 40 participantes . Saída neutralizada ata onde se deixaba o asfalto e dende ese momento veña para arriba . Do perfíl da etapa non vou contar moito xa que foi analizada na previa que fixemos o pasado Domingo . O importante foi que cada un o seu ritmo desfrutou dunha xornada dominical un pouco diferente ás KDADAS que facemos a cotio .
Aconteceu algunha que outra caida , pero a xornada descirriu sen incidentes salientables a non ser os típicos pinchazos .
A iniciativa desta Comisión e de agradecer por tódolos amantes da BTT da nosa comarca , e esperemos que se sintan con forzas e o ano que ven a organicen xa dun xeito máis formal e que se faga extensible a moita máis xente . O apoio dos Btteranos seguro que o van ter , e esperemos que das institucións e casa comerciais tamén .

| "QUENTANDO" MOTORES PARA A PROBA |
lunes, 17 de enero de 2011
A RUTA DA TETA
Imoslle dar este alcume á ruta realizada este pasado Domingo , en primeiro lugar pola ascensión que fixemos cara a aldeayu de Busto de Frades , e como de todos é sabido , ó busto , coloquialmente se lle denomina “ TETA” , e en segundo lugar porque a maioría chegamos arriba “MAMADOS” .
Iniciamos a etapa como rematamos a do pasado Domingo , pero en sentido contrario , e así partimos de Negreira para logo de pasar por Pontevedra , achegamonos a Maio Grande onde recollemos a outro dos nosos efectivos , sumando así nove ousados aventureiros , que se dirixiron ata a presa de Barrie da Maza . Ata aqui todo discurria polos cauces normais , pero esperaban 3,5 Kms. de dura ascensión , eso si por asfalto , que fixeron que algúns pagasen os excesos , e é que era moita caña para tanta cañita do dia anterior .
Xa no alto deixaríamos o asfalto , e logo de reagruparnos continuamos ascendendo outro kilómetro máis , pasamos por unha expectacular montaña rusa , cun descenso vertixinoso que da paso a unha subida das de case pé a terra . Tomamos unha pista ancha e con bo firme que daria a alternativa ó tramo máis técnico da xornada , moita pedra , un descenso de vértigo , e unhas vistas de luxo , ó rematalo descenso xiramos dirección norte cara Vilariño onde nos reagrupamos de novo e reparamos a primeira incidencia do dia , un pinchazo . Aproximamonos logo á zona onde se iniciara o ascenso a Busto de Frades , no lugar de A Graña , e a algún gracioso ocurriuselle a idea de tentalo de novo , pero imperou a cordura no seo do grupo e xunto con que as condicións metereolóxicas comenzaban a empeorar , continuamos en dirección a Amañecida .
Xa estaba a rematar a xornada , cando nos derradeiros coletazos da etapa , xurde un novo contratempo en forma de ruptura mecánica , un incidente que fixo inxeniar un novo sistema de remolcado de vehículos , que non creo se chegue a homologar nunca , pero que foi efectivo deixando así a bo recaudo a un dos nosos aventureiros na casa dos seus pais , ¿onde mellor podia quedar , verdade? .
Logo de deixalo noso compañeiro as ansias de chegar para ir tomalos callos do Suarez , fixo que o pelotón se emplease a fondo no descenso ata Negreira , que se fixo a un ritmo digno dun bo chuletón .

Suscribirse a:
Entradas (Atom)