Mostrando entradas con la etiqueta calvo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta calvo. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de octubre de 2011

DIA DA BICI NO MILLADOIRO

Logo da invitación de José Luis , un novo compañeiro de aventuras , que está a sair algunha que outra vez con nos , decidimos participar no día da bici do Milladoiro , co único fín de fomentar o uso deste medio de transporte e disfrute .
Así as cousas dispusemonos a sair do sitio de costume , e logo do café matinal e de xuntarnos Marcos, Cobas , Maga , Victor , Herminio , Rafa e Iván , saimos dirección a Bertamiráns onde nos esperaban Basi e José Luis este último foi dende aquí o encargado de propoñer a ruta para achegarnos ó Milladoiro por pistas forestais .
Xa no sitio tomamos outro cafeciño mentrás esperabamola saida da ruta , na que logo de participar , voltaríamos a desandalo camiño para voltar unha vez máis a cumplila tradición de tomalos recontituintes callos no .Suarez

miércoles, 15 de junio de 2011

COÑECEMOS NEGREIRA A GOLPE DE PEDAL


FORMACIÓN DO NEGREIRA VETERANOS QUE TOMOU PARTE NO EVENTO
BUTI-SUSO-SANTI-MARCOS-YULI-YERAL-COBAS-HERMINIO-ZARCO-PACO-XANIN
(FALTA NA FOTO ALVARO)
 Non era o noso habitat natural , pero tíñamos que apoiar este evento organizado polo departamento de cultura e deportes do concello de Negreira e que contaba coa estimable colaboración do clube ciclista de Negreira .
E así foi como un nutrido grupo de BTTranos de Negreira se deron cita para formar parte desta iniciativa cicloturista que percorreu as duas arterias principais de comunicación do noso concello .
Uns oitenta esforzados do pedal sairon co único obxectivo de pasar un bo rato sobre as suas monturas . Logo de algún que outro axuste de última hora fomos paseniño achegandonos dende Negreira ata o Libreiro onde se procedeu a un reagrupamento , antes de inicialo descenso ata Mouris onde demos conta dun reconstituinte tente en pe , a base de bocatas variados , fruta , pastelillos e auga .
Logo de repoñer forzas so quedaba voltar por Romarís cara Negreira , cada cal o ritmo que creia convinte . Foi de regreso onde nos cruzabamos cos participantes do outro acontecimento deportivo da xornada e que non era outro que a copa galega de raid de aventura concello de Negreira , pero iste lonxe de rematar ainda tiñan unha longa xornada por diante .
Xa na praza do concello deuse por ramatada a cita deportivo logo do sorteo de algún que outro agasallo e o recoñecemento cun detalle ó clube ciclista de Marín .
Nós como de costume finalizamos repoñendo líquidos no local de sempre comentando o acontecido na matinal do sábado e concluindo que sempre estaremos para apoiar estas e outras iniciativas deportivas do noso concello .
Podes velas fotos no apartado correspondente do blog .

domingo, 20 de marzo de 2011

RUTA DA PEDRA SERPAL-CENTRAL DO TAMBRE

Este fín de semán tivemos cambio de día de saída , xa que o non xogar este sábado , foi este día o sinalado para realizala kdada dos bttranos . Dada a afluencia de btteros ( supoñemos que o día que facía axudou ) , teremos en conta unha vez que remate a liga de fútbol de trocalo día de saída .
A ruta iniciabase como sempre no Suarez , coa nova incorporación de Vales , e os que xa están a ser fixos , Iván , Leo e Juan Noia , ademáis Yeral e Juan Vilela que xa facía tempo que non saían con nós na fín de semán tamén se unian ós Cobas , Basi , Maga , Zarco e Muiño , este último tamén dos que non é da partida os domingos polos seus compromisos laborais .
Logo da subida a Zas deixámolo asfalto para meternos de cheo nas novas pistas de concentración , que nós acercaron a Cruxido , xa alí iniciamos unha dura subida por asfalto ata Vilar de Ordoeste , onde colleríamos a pista forestal que vai ata Porqueira , dende aquí de novo por asfalto ata Forniños a onde chegamos trás decidir facela subida máis longa pero máis tendida , xa que a opción curta , a de baixar a Devesa para logo ascender ata Forniños , pareceunos demasiado esixente para o que ainda nós quedaría .

No alto ó pasala aldea de Forniños e onde confluen os concello de Negreira e Outes dirixímonos cara o primeiro obxectivo da xornada a " Pedra Serpal " , preto do paraxe de San Xoán do Carballoso , onde se celebra o domingo anterior ó 24 de xuño , (cando este cae en día laborable) unha afamada romería campestre . Dende esta Pedra , mencionada na lenda de San Campio xa que os seus restos pasaron por aquí antes de chegar a Entíns , as vistas son espectaculares , a ría de Noia-Muros , a península do Barbanza , e o Tambre no seu abrazo co mar .
Xa metidos dende fai un rato en pistas forestais , comenzamos un descenso frenético por elas cara o río Tambre , e xa de cheo no concello de Outes . O estado da pista fai que algún probe os sinsabores deste deporte , ó rematar co seu corpo na cuneta , realizando un tratamento intensivo de acupuntura galega a base de Ulex Europaeus (toxo) , nas suas extremidades superiores .
Nun abrir e pechar de ollos plantamonos na ponte colgante da central do Tambre a cal permitenos sortear a barreira natural que supón o noso fermoso río .
Esta zona e verdadeiramente expectacular e quedou retida na nosa memoria como obxectivo para unha merendola noutra das nosas kdadas , na que faremos un paréntesis para ese apetecible " ágape " , sen lugar a dudas queda marcada no calendario tan magno acontecemento do que daremos cumprida información .
Pero voltemos ó relato do acontecido na ruta , xa que como de todos e sabido logo de tanto baixar , non quedaba outra que subir e tiñamos que gañar altura , o que fisemos por unha pista con bo asfalto pero cunha pendente considerable ,  ata que xa a deixamos e collemola pista que se dirixe á presa . O estado da mesma con moita pedra solta e sempre en " falso llano " ascendente , fixo que moitos se queixasen da mesma , pero este foi mitigado polas vistas que nos deixaba percibir .
Por fín chegamos a Vilariño , e de alí so quedaba o descenso ata a parede do Tambre , a partir de aquí colleunos a noite de repente , ó non calcularar ben o tempo da ruta , pero como castigo disfrutamos do nacemento da lua máis grande dende fai duas décadas , a cal fomos contemplando de camiño a casa tralo paso por Maio Grande , Maio Pequeno , Pontevedra e Gonte .  Ó remate unhas cañiñas no Suarez para queles que tiñan que pasalo control .
O Domingo so foi quen de repetir Iván , que xunto con Marcos e Bebeto ( unha nova incorporación ) forón ata a Muralla , ruta que non fai moito xa poidemos disfrutar parte de nós , aínda que desta volta eles variaron un pouco o percorrido que se realizara na primeira ocasión . Esta semán saíremos o xovés ás 16:30 do Suarez , e xa na fín de semán o grupo quedará un pouco disgregado , pois Marcos , Yeral , Maga , Basi , Santi e Zarco irán ata terras de Mazaricos a disfrutar da I Ruta BTT que alí se organizan . Sen embargo o resto se teñen pensado sair , queda emprazado como de costume, é decir ás dez no Suarez .

lunes, 14 de marzo de 2011

A RUTA DA SEGUNDA OPORTUNIDADE

Este Domingo e trala farturenta cea de despois do festín de goles que nos demos o sábado , a cousa non pintaba ben para a saída BTTRANA , xa que a climatoloxía , a hora á que o persoal se retirou a velar armas e algunha ausencia por mor de poñernos os cornos cos esfola arrós , deixaba ben ás claras que poucos se persoarían á hora de costume no Suarez .
Ainda que dos da cea tan so un se personou ( el valiente y heroico Zarco ), outros dous ilustres bttranos como Maga e Marcos ausentes na mesma , si fixeron acto de presencia , e ós que se uniron duas novas incorporacións moi interesantes como Iván Calvo e Leandro , que logo da xornada vivida e a pesar do esperpéntico da mesma , decidiron voltar con nós en próximas citas .
Marcos estaba "envenenado" coa subida ó alto de Urdilde , pero dende a zona dos Anxeles , e así foi como collemos a estrada ata dita localidade , pasando previamente por Brión .
Unha vez alí metémonos por xunto a iglesia e comenzamos a tirar cara o monte , pero non atopabamolos camiños oportunos , asique seguiamos polas pistas asfaltadas sempre tendendo cara o monte , para tentar de dar coa ruta axeitada , eso sí as rampiñas que por alí atopamos eran das de " a min non se ven " .
A impaciencia e a creencia en que xa tiñamos máis camiño andado do real , fixo que ó atopar unha pista forestal nos meteramos por ela cara o monte . Por certo acórdase alguén dun programa dos finais dos setenta chamado "segunda oportunidade" , onde na súa cabeceira decía "El hombre es el único animal que tropieza dos veces en la misma piedra" , pois nós vendo nun cruce no que as rodeiras dos que xa antes pasaron moitas veces por alí , tiraban cara abaixo , pois nada home , nós monte arriba , non vaiamos perderla altitude gañada con tanto esforzo .
A cousa empeoraba e chegou unha zona que baixamos das burras e a tirar por elas , pero o camiño cerrabase cada vez máis ata que quedouse nun sendeiro de paso a pe , polo cal seguimos como 50 metros ata que atopamos unha trialera das motos e do cal xa vimos como a kilómetro e medio a caseta . Xa ves para baixo non imos voltar , ¡¡veña!! burra ó lombo e pico arriba pola "lamujeira" das motos .
Xa no alto decidimos que despois de todo era cedo e os callos ainda estaban na pota , pois iso , damos unha voltiña polas pistas deste monte antes de baixar a Urdilde , localidade dende a cal metemos marcheta para chegar xa dunha vez a tomalas cañas e a tapiña de costume .
Ó remate todos quedamos cunha sensación de que esto de ir sin saber a ruta previamente , ten o seu punto de aventura e xa sabedes que todos temos dentro un Calleja .
"De todas formas que bueno sería poder contar con una segunda oportunidad" , como apostillaba o citado programa , e esa será o vindeiro 17 de Abril onde varios BTTRANOS estaremos na ruta dos Esfola Arrós , e esa vez iremos da sua man e sobre seguro .
Por certo xa que non xogamolo sábado que ben , a kdada vai pasar a ese día , pois xa sabedes , no sitio de costume ás 16:30 , pero se algún lle queda mono podemolo falalo e sair tamén o Domingo como de costume .