ETAPA 2 . TRIACASTELA – PALAS DE REI . 66 KILÓMETROS .
Comenzou a xornada dominical cunha ascensión , así xa en frío ata o alto de Riocabo pero cunha paixase de gran beleza que facía mais grato o sufrimento . Logo desta primeira dificultade iniciamolo descenso ata Sarria , onde Juan por fín poido disfrutar do lindo polos carreiros que surcaban as máis singulares carballeiras do noso percorrido. Nesta localidade e antes de afrontala subida ata Cortiñas , fisemola parada de rigor para repoñer forzas e entablar conversa con outros peregrinos . A baixada a Portomarín tivo algún que outro susto xa que unha vaca case embiste a Juan e ó pouco Hermínio case fai o mesmo con Zarco , pero todo quedou neso un susto .
Na localidade ós pés da cal está o embalse de Belesar , que debido á seca deixaba o descuberto tódalas antigas edificación existentes antes da construcción do mesmo , demos boa conta do avituallamento que o noso equipo de apoio nos tiña preparado .
Esperabannos 14 kilómetros dunha ascensión tendida ata pasala localidade de Ventas de Narón , e dende aqui un trazodo rompepernas nos conduciría ata Palas de Rei . Comida , paseo e tarde de fútbol ata a hora de cear . Aquí foi onde os tres mosqueteros , Aramis Cobas , Athos Juan e Portos Gerardo lamentaron que non nos acompañase algún dos asiduos ás partidas de cartas do Suarez , xa que ese dia co cambio de hora a tarde foi longa e tanto D´artagnan Zarco , así como Richelieu Hermínio non facían punto , nin tampouco ningún do resto de mosqueteros que os acompañaba , teremos que poñernos a elo para que na próxima non volte a ocurrir isto .
Na cea entablamos conversa cun veciño de Dumbria que tiña un asador preto de alí e co cal quedamos emprazados para facerlle unha visita algún día e degustala sua exquisita carne como el a definiu .
Esa última noite e por casualidades do destino e como despedida , tocou durmir a toda a expedición xunta , ó mellor por iso ou por casualidade non fiso acto de presencia a orquesta da noite anterior .
No hay comentarios:
Publicar un comentario