Este fín de semán quisemos facela ruta que diseñou Sunami para o vindeiro Domingo 06 de Febreiro , día no que se celebrará a I clásica de San Blas .Quedamos no punto de saída de costume , o bar Suarez , e á súa hora iniciamolo camiño cara Ceilán , onde se sumarían dous novos compañeiros , Fernando e Juan , que esperemos desexen acompañarnos en máis ocasións . Os que non estiveron foron algúns que soen ser da partida , pero ben os virus ou ben as excursión impidiron o seu concurso na xornada dominical .
Logo de expoñerlle a idea que tiñamos maquinado para á xornada , comenzamolo percorrido , que se pode definir como de rompe-pernas , xa que non ten apenas tramos para o acougo , a non ser ó final de todo o que de A Baña nos deixa a pe da subida a Buchaín .
Logo dun primeiro kilómetro de terreo máis ou menos chán , xa comenzan as subidas , o primeiro pequenas costas , pero moi preto da saída , o que recomenda ir xa un pouco rodado antes de comenzalo circuito .
O peor ben logo do descenso trala primeira ascensión , unha subida que ten unha pendente considerable , e que logo dun infimo descanso voltas ó mesmo , ata chegar a carretera que sube a Lañas , seguiremos subindo pero xa dunha maneira máis tendida e por asfalto .
Agora toca o descenso ata a iglesia de S. Mamede , por un camiño que precisa de tomalas oportunas precaucións que cada un crea convinte , aquí foi onde sufrímolo único percance do día , ó bicar Marcos o chán .
Desde S.Mamede diriximonos cara a Tarroeira , descenso vertixinoso cara o río , para logo atoparnos cunha parede ata a aldea , menos mal que é cortiña . Colleremos dirección a Señor pero no medio do camiño apartamos a ezquerda cara o cementerio de A Baña (aquí o que suscribe xa chegou morto) .
Uns kilómetros de rodaxe e chegamos a pe de porto , subida ó mítico Buchaín onde Basi demostrou selo máis forte da xornada , sen duda está chamado a ser un gregario de luxo para o noso xefe de filas .
No cumio podese dar por finalizada a etapa xa que so queda descender ata a meta , ¡¡ POR FÍN !! , vou feito polvo o peor día .... , nin Castelán , nin Busto de Fradés , nin o camiño de Santiago ata a Pena , nin subir ata Santa Cecia , acordeime de Sunami unhas cuantas veces .
Por certo á noite xuntamonos uns cuantos e entre eles estaba Sunami , que recoñecera parte do terreo o sábado pola mañán na bici apreciando a dificultade da proba , que en principio asumira como máis doada , e é posible que se cambie algunha parte do percorrido , como o final que por seguridade en vez de pasar polo Rucheiro e ter que cruzala carreteta duas veces é posible se siga xa dereito ata Ceilán .
Bueno vemonos Domingo onde sempre para ir a Ceilán , sairemos co cocido do medio día na mente , para que a etapa sexa máis levadeira , por certo de momento parece que o tempo vai a acompañar .
No hay comentarios:
Publicar un comentario