A edición 2012 de La Vuelta Ciclista a España pasará por primeira vez na súa historia por Negreira. Así, confirmouse nas últimas horas trala súa presentación onte na cidade de Pamplona. Será grazas ó apoio económico da Deputación de Coruña, dentro da décimo terceira etapa de 172,7 quilómetros, a celebrarse o día 31 de agosto entre Santiago de Compostela e Ferrol, e concretamente trala saída da capital galega, pasaría polo concello de Ames, a través de Bertamiráns, para inmediantamente tralo paso por Piñor (14), cruzar Negreira, no quilómetro 18.
La Vuelta terá dúas etapas con inicio e fin na provincia de A Coruña, nas que percorrerá máis de 330 quilómetros por toda a costa do Barbanza, parte da Costa da Morte, e as tres principais cidades da provincia (Santiago, A Coruña e Ferrol). Precisamente, tralo final no Mirador do Ézaro (Dumbría), o 30 de agosto, ao día seguinte chegará a segunda etapa por terras coruñesas que pasará polo Val de Barcala e as Terras do Xallas.
Este percorrido, plantexado pola organización do evento coma unha homenaxe ao referente da unión do Camiño de Santiago entre Ferrol, A Coruña e Santiago, supón 172,7 quilómetros moi esixentes xa que, pouco logo da saída, os ciclistas atoparanse co único porto de montaña da etapa, sito no veciño concello de A Baña, co único porto de terceira categoría na subida pasando San Vicenzo, a capital municipal, no quilómetro 29 da etapa, tralo cal viría o paso por Santa Comba (quilómetro 38), e xa logo, o paso por Salgueiras (49), e no 83 cruzaría pola capital de Bergantiños.
FONTE : concellodenegreira.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario