sábado, 21 de enero de 2012

II CLÁSICA DE SAN BLAS

O vindeiro Domingo 5 de Febreiro a comisión de festas de Ceilán organiza a segunda edición da Clásica de San Blas . O control de firmas será na carballeira de Ceilán ás 10:30 , e a saída darase ás 11:00 horas . Para participar deberase aboar 10 € (para os que non vaian ir a comer) , ou a cantidade de 20 € , que dará dereito a un espectacular cocido , para repoñelas maltreitas forzas dos participantes na proba duns 25 Kilómetros aproximadamente , pero dunha intensidade e dureza sen parangón na contorna . A bo seguro que o discurrir practicamente na sua totalidade por pistas forestais esta proba será a delicia dos btteros que asistan . Para anotarse debelo facer nos mesmos locais que o ano pasado , é decir , o bar Súarez de Negreira , a tenda de deportes Garsport tamén de Negreira e na ferreteria Trillo no Ceilán . Para máis información podedes chamar a Roberto ó seguinte número 616 986 732 .

No hay comentarios: