jueves, 12 de enero de 2012

5ª edición da Andaina Bisbarra do SAR . 21 de Abril de 2012

Co pulo de popularizar ao máximo a proba, e que os que queiran poderán facela en Bicicleta Todo Terreo (B.T.T.) .
Percorrido de 50 quilómetros en redondo (1 só anel), que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado.Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.
Punto encontro: Polideportivo Municipal do Souto (PADRON) de 8.00 - 8:45
A saída será as 9:00 en punto da maña dende a Praza de Macías de Padrón.
A organización posibilita facer o percorrido de 3 formas diferentes:
•a.Camiñando: Haberá retencións nos controis. Entre 8:00 e 12:00 horas
Só os participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “Copa Galega de Andainas 2012”. (Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de 5 probas e teñan licenza federativa de montaña no 2012 )
Os camiñantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de Km. feitos, segundo os controis ou etapas completadas.
Descalificaranse aos que corran ou troten na modalidade camiñando.
•b.Sen retencións: Non serán detidos nos controis. Tempo máximo: 6:15 horas
Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 3:30 houras no Km: 27,700: De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse a modalidade camiñando, ou abandonar.
•c.Mountain bike (BTT) Non haberá retencións. Tempo máximo: 4:30 horas
No modo “sen retencións” e “BTT” haberá un tope de 150 prazas (75+75), sendo as 350 restantes para os inscritos en “camiñando
A organización, en caso de non completarse o número de prazas nalgunha das modalidades, podería redistribuír as prazas libres ata completar a cifra máxima de 500 inscritos.
Aos que completen a proba nas modalidades de “Sen retencións” e “BTT” no tempo establecido, daránselle un diploma de participación co tempo empregado.
Participantes.-
Terán que recoller os dorsais entre as 8:00 e as 8:45. A saída será ás 9:00.
Como os primeiros 500 metros non teñen fitas, aqueles que non cheguen puntuais seralle pouco doado facer a proba.
Aconsellase levar unha pequena mochila con útiles, como: chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira,… e calzado que suxeite ben o pe.
Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas cantidades.
Aos participantes en BTT darase na entrega do dorsal unha bolsa co avituallamento.
É de obriga entregar o dorsal ao remate do percorrido, para poder participar no sorteo de agasallos. No percorrido, levarase posto en lugar visíbel.
Os que abandonen por vontade propia, terán que entregar o dorsal e avisar no control mais preto ao persoal da organización.
Ideal dispor de licenza federativa (montaña) ou dalgún seguro deportivo.
Terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos incidentes, no control de paso que se atope máis preto da incidencia.
Tódolos participantes polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.
A organización.-
Para o bo control da marcha establecerase un máximo de 500 participantes. A saída será ás 9:00 da maña.
Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero a organización non se farán responsable dos danos que poidan sufrir os participantes.
Os menores de 16 anos terán a obriga de ir acompañados por adultos.
Os organizadores resérvanse o dereito de poder retirar aos participantes, que entendan no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba, ou ben que excedan os tempos máximos estipulados.
Así mesmo, poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenrolo da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.
O listado oficial farase a medida que os preinscritos vaian facendo o correspondente ingreso. Ata finais de Febreiro actualizaranse cada 15 días, logo cada 7.
A organización recollerá aos participantes a pe que desexen abandonar voluntariamente nos puntos de avituallamento e controis sinalados. Isto exclúe causas como incidentes ou lesións, onde se activarán os equipos que valorarán a situación e iniciarán a evacuación do participante, de ser necesaria.
No caso de abandono voluntario de participantes da modalidade de BTT, deberán regresar pola súa propia conta, tras comunicalo á organización, que lle indicará a ruta alternativa máis corta. A organización só trasladará bicicletas en casos xustificados, unha vez que xa non queden participantes en ruta.
Características da proba.-
Anel en redonda (50 Km) “Terras de Padrón e Rois”: Padrón—Casco antigo---Xardín botánico---Canal río Sar---O Lestido---Herbón---Monte Meda---Roucón---Pedreda----Museo Camilo José Cela----Extramundi---Campo Golf Rois---Praia fluvial de Seira---Camiño de pescadores---Capela do Aído—Monte do Aído----Ferreiros---San Miguel de Costa---Souto---Leroño---Herbogo----Monte do Faro----Parque eólico do Treito---Pesegueiro---Casas do Porto---Traxeito---Monte San Gregório----Travanca---- Río Sar---Padrón
Haberá:Balizado con estacas/frechas laranxas e fitas.
Controis-Avituallamento e Puntos de Retirada nos Km: 8,17,28,39.
Aparcadoiros, duchas, recordos da proba, sorteo de agasallos e festa final.
Expediranse Diplomas Acreditativos valedeiros para a Copa Galega de Andainas de 50 Km do ano 2012. (Aos andaregos que rematen a proba en menos 12 Horas) e Diplomas de Participación (andaregos que non rematen a proba, e mais os corredores e ciclistas que a rematen)
Inscricións.-
Onde:
Cubrindo os campos das fichas na web: www.andainabisbarradosar.com.
Como:
Ingreso (efectivo ou transferencia) na conta da LA CAIXA (Padrón):2820 31 0200092790
ao facer os ingresos deberedes relacionar o nome/nomes dos participantes
De obriga:
Enviar xustificante do ingreso a:FAX-981.811.782 ou e-mail: bisbarradosar@gmail.com
Prezos:
9 Xaneiro ao 19 Marzo
Non federados, 13 €. Federados Montaña 10 €.
20 Marzo ao 18 Abril 16 €
Ata esgotar o total de prazas dispostas pola organización

No hay comentarios: