miércoles, 5 de enero de 2011

LEXISLACIÓN SOBRE OS PORTABICICLETAS

Ante as dudas de moitos dos nosos BTTEROS , publicamos as seguintes consideracións sobre os portabicicletas , espero que vós aclaren algo o tema , ó final do artigo podedes ver unhas imaxes ilustrativas , de todo o aquí exposto .

O artigo 14.1 d) do Real Decreto 1428/2003, do 21 de novembre, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación establece que a carga transportada nun vehículo, así como os accesorios que se utilicen para o seu acondicionamento ou protección, deben estar dispostos e, se fora necesario, suxeitos de tal maneira que non poidan ocultar os dispositivos de alumeado ou de sinalización luminosa, as placas ou distintivos obrigatorios e as advertencias manuais dos seus conductores. No caso de accesorios ou portabicicletas traseiros, o cumplimento do citado precepto regulamentario podería tambén lograrse levando instalados na sua parte exterior todolos dispositivos de alumeado ou senalización luminosa, así como a placa da matricula que a carga oculta .

De acordo co artigo 15.3 do citado Regulamento Xeral de Circulación nos vehículos non destinados exclusivamente ó transporte de mercadurías a carga poderia sobresair pola parte posterior ata un 10 % da sua lonxitude , e si fora indivisible, e o portabicicletas o é (esto tamén poderia chegado o caso , suscitar interpretacións ) , ata un 15 por cento da proxección en planta do vehículo. Sen embargo, non está previsto que poida sobresair lateralmente, salvo o establecido no apartado 4 do citado artígo para os vehículos con anchura inferior a un metro.

Cando o portabicicletas non permita ó conductor ver polo retrovisor interior a circulación por detrás do vehículo , e éste sea da categoría M 1 (turismo), deberá levar un segundo retrovisor exterior no lado dereito (artigo 11.2 e Anexo III do Regulamento Xeral de Vehículos).

De acordo co previsto no apartado 6 do citado artigo 15 do Regulamento Xeral de Circulación, a carga que sobresalga por detrás dos vehículos deberá ser sinalizada por medio da señal V-20, á que se refire o artículo 173 de dito regulamento , sinal cuias características establecense no anexo XI do Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro, polo que aprobase o Regulamento Xeral de Vehículos .

V-20 PANEL PARA CARGAS QUE SOBRESAEN
1. Indica que a carga do vehículo sobresae posteriormente.
2. Cando a carga sobresaia por detrás do vehículo deberá colocarse esta sinal no extremo posterior da carga de maneira que quede constantemente perpendicuar ó eixo do vehículo.Cando a carga sobresaia lonxitudinalmente por toda a anchura da parte posterior do vehículo, colocaranse transversalmente dous paneis de sinalización, cada uno  nun extremo da carga ou da anchura do material que sobresaia. Ambos paneis deberán colocarse de tal maneira que formen unha xeometría de V invertida con franxas alternas roxas e brancas.
3. As dimensiones, cor e características técnicas desta sinal son as que indicanse a continuación:

LÁMINA REFLECTANTE Cor: BRANCO E ROXO NIVEL 2
MATERIAL DO SUSTRATO
Praca soporte: Plancha de aluminio de 1,4 ± 0.1 mm. Aleación 1.200 H14 e/ou H24. Autorizase calqueira outro material que presente características mecánicas ou físicas equivalentes tendo en cuenta a sua estabilidade temporal.
BORDÓN
Exteriormente á superficie reflectante e en todo o seu contorno, as placas levarán un reborde (bordón) redondeado según a figura adxunta .

Aquí vós deixo duas imaxes ó respecto do tema :


Neste caso colocaronse correctamente , os dispositivos correspondentes á aplicación do disposto no artigo 14.1 d) .  Pero faltarían as sinais V-20 , xa que a carga sobresae por detrás do vehículo , e ademáis deben ser neste caso duas , pois o fan en toda a anchura do mesmo . A imaxe seguinte amosa como debería quedar finalmente toda a sinalización para que esta se adapte á lexislación na materia . O sistema de anclaxe das V-20 deberá ser bo e seguro , xa que van a ofrecer ó circular , gran resistencia ó vento debido ás suas dimensións , e xa non son as primeiras que saen voando podendo ocasionar un accidente , paradoxicamente para todo o contrario que foron creadas . Pero eso é outro tema ........

No hay comentarios: