Terá lugar o vindeiro 5 de febreiro con inicio e remate nas instalacións deportivas do Novo Conco
ARTIGO 1. O Concello de Dumbría organiza para o vindeiro sábado día 5 de febreiro a 1ª ruta de mountain bike “Concello de Dumbría”, cun percorrido aproximado de 35 km .
ARTIGO 2. Poderán participar na ruta tódalas persoas que realizaran correctamente o proceso de inscrición. A idade para participar será maiores de 16 anos.
ARTIGO 3. A saída ( 9,30h ) e chegada da ruta será dende as instalacións deportivas Municipais do “ CONCO”.
ARTIGO 4. O número máximo de inscricións será de 200 participantes.
ARTIGO 5. Cada paticipante é único responsable dos seus actos no transcurso da proba, así como dos danos que puidera ocasionar a outros participantes ou terceiros.
ARTIGO 6. O percorrido da proba transcorrerá casi na súa totalidade por camiños forestais e rurais (33 km ) e tan só 2 km por estrada asfaltada.
ARTIGO 7. A ruta realizarase con bicicleta de montaña e será obrigatorio o uso do casco protector en todo momento.
ARTIGO 8. A organización resérvase o dereito de modificar todo o relativo ó percorrido, avituallamento, etc, ou cando por algún motivo o estime oportuno.
ARTIGO 9. O percorrido estará convenientemente sinalizado.
ARTIGO 10. A ruta ten carácter non competitivo.
ARTIGO 11. As incricións poden realizarse por teléfono (981 74 40 01), indicando nome e apelidos e D.N.I., ou cubrindo directamente a inscrición nas oficinas municipais (servizo de deportes) de luns a venres de 8:00h a 15:00h, así coma tamén no ximnasio Municipal de Dumbría en horario de 16:00h a 22:30 h.
Tódolos participantes deberán ter firmada a inscrición antes do comezo da ruta (en todo caso, pode ser no mesmo día).
ARTIGO 12. O feito de estar inscrito implica a aceptación do presente regulamento.
ARTIGO 13. A INSCRICIÓN É GRATUITA. OS MENORES DE 18 ANOS TEÑEN A OBRIGA DE FIRMAR UNHA AUTORIZACIÓN DO PAI/NAI OU TITOR.
ARTIGO 14. A organización ten previsto 2 avituallamientos, un ós 12 km e outro ó remate da ruta.
ARTIGO 15. O percorrido transcorre por zonas rurais con gran valor natural, polo que debemos ser respetuosos en todo momento e non tirar ningún tipo de lixo ó chan. Neste sentido a colaboración de todos fará posible a organización en futuras edicións.
ARTIGO 16. A organización facilitará ós participantes duchas e material para lavar as bicicletas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario