viernes, 7 de enero de 2011

DENDE BARCALA Á BILBAO-BILBAO .

O vindeiro 20 de Marzo , terá lugar un ano máis a " Marcha Ciclista BILBAO-BILBAO " , que dende os seus comenzos, alá polo ano 1988, caracterizouse principalmente por dous aspectos que lle permitiron, por un lado, ter a sua propia singularidade e por o outro conquerir cada ano unha numerosa e variada participación.
Dentro dos que este ano realizaran a proba estarán algúns dos nosos veteranos , que a bo seguro disfrutarán da mesma , así como da gastronomia local .


Concebida , dende os seus inicios, como un acontecemento cicloturista, apto para todolos ciclistas e polo tanto xenerador de satisfaccións para aqueles que participasen nela. De ahí que na BILBAO-BILBAO atoparemonos con un amplio abano de participantes, que se extende ó longo de todos aqueles que aman a bicicleta e disfrutan practicando este belo deporte.
O segundo punto que define e caracteriza á BILBAO-BILBAO, son os formidables medios de todo tipo que se poñen a disposición dos participantes e que conquiren que ese día, cada uno deles, se sinta e viva esta “Marcha” como o auténtico protagonista.
Polo tanto e en razón destos principios, non é casual que na BILBAO-BILBAO existan 5 saídas escalonadas cada 15 minutos, da mesma forma que non se establece clasificación algunha, posibilitando a cada participante realizar “a sua marcha” en función dos seus desexos , debendo respetar o horario de chegada establecido, momento no cal todos recibirán un bonito agasallo.
Tamén EMPRESAS, ASOCIACIÓNS, INSTITUCIÓNS, etc. aproveitan a BILBAO BILBAO como unha ocasión ideal para facilitar o encontro entre os seus membros, posibilitando e incrementando as relacións interpersoais, a través dun acontecemento apto para todlos amantes da bicicleta.
REGULAMENTO :

Art. 1.
Cycle Club organiza o 20 de marzo, a Clásica Internacional Cicloturista BILBAO-BILBAO '11.
Art. 2.
TODOLOS PARTICIPANTES DEBERAN RESPETAR AS NORMAS DE CIRCULACION E SEGUIR AS INSTRUCCIONES TANTO DAS AUTORIDADES DE TRAFICO COMO DA ORGANIZACION.
Art. 3.
So serán participantes da BILBAO-BILBAO '11 quenes habendose inscrito e levando casco protector e praca de cadro correspondente á edición deste ano, respeten o establecido no Art. 2º e se ateñan rigurosamente ó horario e ó percorrido establecido pola Organización e circulen entre os vehículos que abren e pechan a Marcha coas indicacións "Atención marcha ciclista" e "Fin marcha ciclista" respectivamente.
Art. 4.

A salida efectuarase na Ponte de Deusto (próximo ó CENTRO COMERCIAL ZUBIARTE) entre as 8,00 e as 9,00 horas, materializándose en intervalos de 15 minutos, podendo cada participante escoller a sua hora de saida.
Art. 5.
A chegada producirase en Bilbao entre as 12,30 e 14,00 horas.
Todo participante cuia chegada se axuste a este horario e sexa portador da praca de cadro, terán dereito ó trofeo especialmente diseñado para este acontecimento.
Art. 6.
A asistencia médica durante a “marcha”, estará atendida por 10 médicos e 8 A.T.S., así como 8 ambulancias.
Art. 7.
Os participantes estarán acompañados por 10 vehículos de asistencia técnica, encargados de atender as averías que se produzcan, correndo a cargo dos participantes o pago das pezas e accesorios que soliciten.
Art. 8.
O avituallamento estará situado no PARQUE TECNOLOXICO (ZAMUDIO) Km. 49.
Art. 9.
NO  CENTRO COMERCIAL ZUBIARTE, estarán situados os aparcamentos para vehículos, excepto aqueles que lleven bicicletas sobre o teito.
Art. 10.
Dous autobuses escoba estarán a disposición dos participantes que se retiren. Para as suas bicicletas poñeranse dous traillers.
Art. 11.
Durante todo o percorrido da BILBAO-BILBAO '11, O CASCO SERA OBRIGATORIO.

No hay comentarios: