miércoles, 2 de marzo de 2011

VI MARCHA BTT OS CHÁNS

ORGANIZA : PEÑA CICLISTA OS CHANS DO BARBANZA
LOCALIZACIÓN: BOIRO
MODALIDADE: BTT-MTB
DIFICULTADE: MEDIA
DISTANCIA: 42KMS
FECHA: 26/06/2011
HORA: 09:30
PUNTO DE ENCONTRO: PAAVILLÓN DE PRAIA XARDIN (LAT:42°38'31.88"N LONX:8°53'28.89"O)
Dende primeiros de ano xa comenzaron os preparativos da marcha BTT Os Chans, xa van pola VI edición,intentando superarse en cada unha delas. Si o ano pasado os participantes quedaron encantados, este ano van a intentar superarse. O percorrido este ano volveronno a variar, esta vez cara a zona norte de Boiro, e terá un pouco de todo, baixadas rápidas, subidas por terreos moi rotos, e descensos de vértigo, pero cortos . A subida máis longa ten tan so 3 kms, e a altura máxima á que se chegará, son uns escasos 300 m, a estas alturas e nuns preciosos paraxes será onde se poida disfrutar dun merecido avituallamento, como sempre cada un o seu ritmo.
Como vedes a pesar de ter tramos complicados en xeral a ruta "deixase levar" , preferiron facela divertida , a facer unha ruta dura, agora quen quiera sufrir, poderá facelo, tan so ten que darlle caña,e intentar non ter que votalo pe á terra en todo o percorrido, obxectivo que so os bikers con mellor técnica lograran.
O lugar de saída como de chegada será no pavillón do colexio da praia xardín, como en edicións anteriores, ainda que a saída oficial faise dende a praza do concello.
A Federación Galega de Ciclismo, aprobou a subida do seguro federativo por proba a 12 euros, así como tamén as datas de inscripción, que se pecharán dous días antes da proba, polo menos para os non federados. Os federados, nesta marcha, o poderán facer incluso o mesmo día . Os non federados, terán polo tanto que estar preinscritos dous días antes da proba e con a debida cuota pagada através de conta bancaria. A cuantía este ano será de 12 euros para os federados e os non federados 12 + 12 de seguro que farán un total de 24 euros .

No hay comentarios: