lunes, 7 de marzo de 2011

NOVAS DA I RUTA BTT CONCELLO DE MAZARICOS

NOVA INFORMACIÓN FACILITADA POLA ORGANIZACIÓN :
REGULAMENTO “I MARCHA BTT CONCELLO DE MAZARICOS”
1.-O Concello de Mazaricos, organiza a I Marcha BTT de Mazaricos que terá lugar o Domingo 27 de Marzo, cun percorrido de 35 km. de dificultade Media-Alta. A mesma será de carácter non competitivo. A saída terá lugar ás 9:45 horas no “Campo da feira” en A Picota
2.- Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscrición.
3.- O prazo de inscrición finalizará o día 24 de Marzo ás 14:00 horas. A inscrición farase efectiva mediante chamada telefónica ó número 981 867104. A cuota de inscrición, é gratuita.
A inscrición dará dereito á participación na proba, e incluirá os avituallamentos, obsequios que se entreguen e o servizo de lavado de bicicletas gratuíto ó final da proba Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran a inscrición correctamente e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola organización.
4.- A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 8:45, do día 27 de Marzo de 2010 no Polideportivo Municipal da Picota. A saída efectuarase ás 9:45. A recollida de dorsais farase de xeito individual,presentando DNI
5.- O emprego do casco é obligatorio, e non levalo implica a retirada do dorsal e da marcha. O Concello non se fai responsable dos accidentes, nos que pudiera ser causa, a neglixencia dos participantes, así como os danos que estes poideran ocasionar durante a realización da marcha.
6.- O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Concello de Mazaricos, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.
7.- Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o recorrido a excepción dos contedores situados nos puntos de avituallamento.
8.- En todo momento respetaranse e acataranse as ordes e directrices do director da marcha, non sobrepasando en ningún momento ó vehículo que abre a mesma, o cal será obxecto de descalificación inmediata.
9.- A Organización contará con servizo de ambulancia, a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil, non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.
10.- A organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.
11.-O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.
SINATURA DO PARTICIPANTE CO DORSAL Nº_____________

Por xentileza de Fernado Carballo , que nos remitiu un correo con esta nova , publicamos aquí a información da I Ruta BTT Concello de Mazaricos .
Celebrerase o vindeiro 27 de Marzo na Picota (Mazaricos), terá unha dificultade media-alta e serán 35 Kilómetros , dos cales 3 son por pistas locais asfaltadas e o resto por trialeras , senderos e pistas de terra . Terá un primeiro avituallamiento sólido e líquido , no kilómetro 16 no incomparable paraxe da ermita da Romaxe e un segundo no alto da Ruña no kilómetro 28 , donde poderedes contemplar unhas boas vistas . Ó final da xornada disfrutaremos duns pinchos . Tamén contan con sevizo de duchas , limpeza de bicicletas e asistencia durante a ruta .
A entrega de dorsais e a firma dos estatutos de participación realizarase no polideportivo de A Picota a partir das 8:45 ata as 9:45 , estando prevista para esa hora a saída da ruta .
Para anotarse debese chamar o teléfono 981867104 (concello de Mazaricos), indicando nome , apelidos e D.N.I. . Nun principio limitase a participación a 200-250 persoas .
A inscripción é gratuita .

No hay comentarios: