sábado, 5 de febrero de 2011

DISEÑO GAÑADOR PARA A NOSA EQUIPACIÓN

Triunfou novamente a democracia e xa temos maillot , fruto da votación popular entre os nosos socios , que finalmente escolleu o que aquí hoxe presentamos.
Encargouse ó mesmo á pretixiosa empresa de diseño gráfico MARCOREL , que realizou varios bocetos , dos que saiu o gañador , sendo o máis apreciado pola maioría o que auna o noso color característico , o Rojo , símbolo de pasión , calor e amor ; e a bravura , a fortaleza , a valentia e o esforzo do noso animal representativo , o Boi .
Na parte dianteira do maillot aparecen as cabezas de varios bois sobre as que destaca unha delas . Na parte supeior van o logo dos bttranos e o logo da nosa Asociación . Xa nas mangas faise referencia o noso nome , NEGREIRA VETERANOS .
Nos laterais van impresas as páxinas onde podes seguir toda a información sobre as nosas actividades .

A espalda queda o ser a parte máis visible destinase principalmente o noso patrocinador , o Bar-Restaurante O Arranca de Ordoeste . Ocupando tamén un lugar preferente duas institucións que colaboran asiduamente coa nosa asociación como son o Concello de Negreira e a Diputación de A Coruña . Aquí varianse as tonalides do rojo para facelo efecto de varios ciclistas (representados polo noso logo ) ascendendo nun fermoso atardecer ó cumio de Bergando , monte próximo a nosa vila e que e testigo directo das nosas KDADAS .


O culotte , da continuidade nos laterais á parte dianteira do maillot , coas cabezas dos bois de xeito que asemellan un pelotón en fila de a un .
Xa na parte traseira do mesmo se fai de novo referencia a noso blog , neste caso so o que se adica a contalas novas da sección de BTT .

A bo seguro que a nosa equipación non vai deixar indeferente, a todos aqueles que se crucen no noso camiño .

Coidado os BOIS de BARCALA andan soltos , percorrendo as nosas corredoiras e camiños .

No hay comentarios: