sábado, 15 de enero de 2011

MARCHA DAS ROSQUILLAS 2011

RUTA DAS ROSQUILLAS . PONTEAREAS 30 DE XANEIRO

O vindeiro 30 de xaneiro celebrese a marcha das rosquillas , na localidade de Ponteareas
Non tem límitado o número de participantes , ainda que si o de comensales que será de 800 persoas, entre ciclistas e acompañantes ( 2 por participante) .
O cambio máis IMPORTANTE dste ano é que non se recollen inscripcións no mesmo día, deberán ser todas anticipadas e por internet e antes do día 27 de xaneiro. Tambén será obrigatorio poñer tanto en internet como no recibo do banco o nome e apelidos para evitar confusións. As Inscripcións abrironse o día 1 de Xaneiro, e AQUÍ atoparedes como inscribiros .

O ADC Picaraña só cobrará 8€ de seguro.

1/ Ciclista con comida: 12€ (+8€ seguro, si non ten licenza federativa, cumplindo as normas da Federación Galega de Ciclismo)
2/ Ciclista sin comida: 7€ (+8€ seguro, si non ten licenza federativa, cumplindo as normas da Federación Galega de Ciclismo)
3/ Acompañante: 9€


Queda terminantemente prohibido entrar na marcha sin dorsal, o ADC Picaraña ten o apoio das autoridades competentes para poder expulsalos da mesma ata que pase o último vehículo da marcha, xa que eles son responsables de todolos participantes e os que non teñan dorsal non cumplen as normas da marcha.


Normas de obrigado cumplrimiento:
-Ter máis de 16 anos (os menores de idade con permiso firmando dos pais)
-Licenza federativa en vigor ou seguro do día (8€, tambén poderase pagar no día)
-Levar o dorsal en todo eo percorrido.
-Uso obrigatorio do casco

+ INFO : AQUÍ

No hay comentarios: