martes, 25 de septiembre de 2012

II MARCHA CICLODERPORTIVA MONTE GAIÁS-CIDADE DA CULTURA

Este  pasado domingo, a pesar do mal tempo, celebrouse na capital galega a II MARCHA CICLODERPORTIVA MONTE GAIÁS-CIDADE DA CULTURA, con saída na praza do Obradorio e chegada na Cidade da Cultura, despois de percorrer 105 quilómetros de distancia.


Nesta ocasión o ciclista homaxeado foi Ezequiel Mosquera.

    O Clube Ciclista Negreira, só presentou dous participantes, pero con éxito total.

    Igual ca o ano pasado Samuel Rodríguez Saavedra, entrou segundo en meta detrás nada menos que de Iván Raña, e ademáis, quedou terceiro no premio da montaña (mirador Pico da Muralla).

    O outro integrante do clube negreirés foi Jesús José Mancebo Rojo, que acadou un trofeo como o participante de maior idade.

Mellor case que imposible, con dous participante que trouxeron tres trofeos para Negreira.

No hay comentarios: