miércoles, 11 de julio de 2012

I RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN

Aquí vos deixo as últimas novas sobre a ruta que publicaronse no blog da proba, e que podedes seguir en rutabttdotambre Vai quedando menos para a celebración da I RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN, estamos traballando no circuito, limpando camiños, buscando alternativas ao asfalto. A verdade e que cada vez que o recorremos estamos mais convencidos que vos gustará enormemente. O prazo de inscrición para esta ruta estará aberto dende o 1 ao 31 de agosto e haberá un límite de 400 participantes. Esta proba, organizada polo Club O ESQUIO BTT de Brión, vai contar coa colaboración do Concello de Brión que nos cederá as instalacións do pavillón polideportivo municipal onde se entregarán os dorsais e onde disporemos de servizo de duchas e vestiarios. A presidenta do Clube O ESQUIO BTT, Dora Vieiro, explicou que nesta primeira edición "optouse por unha proba esixente pero apta para case todolos públicos", a esixencia da proba reside nos seus 45 km aproximados por camiños de monte. Vai contar ademais con duas grandes ascensións e unhas zonas técnicas que non deixarán indiferente a ningún partipante. A proba presentase como unha ruta non federada e non competitiva, simplemente está pensada para particpantes que queiran desfrutar da bicicleta rodeados de natureza en estado puro. Preveronse ademais duas zonas de avituallamentos, unha líquida e outra solida/líquida.

No hay comentarios: