lunes, 19 de marzo de 2012

ACLARACIÓNS DA FEDERACIÓN SOBRE AS LICENZAS DE UN DÍA

Marchas cicloturistas e licencias de un día. Marchas cicloturistas e licencias de un día.
En relación con algunhas consultas que chegan sobre marchas cicloturistas e relativas òs prezos de inscrición, dos federados e non federados, que alguns organizadores publican nos seus canles de información esta Federación aclara o seguinte:
A Federación Galega de Ciclismo non pode, nin debe, impoñer ós organizadores o prezo da inscrición.
O prezo da licencia de un día, no que vai incluido o seguro de accidentes e de responsabilidade civil, é de 12 €. (aprobado pola Asemblea de novembro de 2010 e ratificado na do ano 2011).
Ata o momento os organizadores que publicitaron un importe da inscrición que poidera dar entender que o prezo da licencia de un día é de 8 € comprometéronse por escrito a aboar, e así o fixeron os que a celebraron, o importe de 12 € por cada participante sen licencia anual.
Para non inducir a erro na súa publicidade, esta Federación recomenda ós organizadores a inclusión do prezo de 12 € nos regulamentos ou, no seu caso, especificar en nota aclaratoria que asumen o pagamento da diferencia ata 12 € do importe da licencia de un día.

No hay comentarios: