domingo, 9 de octubre de 2011

I BTT CONCELLO DE AMES

Organizada polo ccagc , o vindeiro 30 de outubro celebrarase a I marcha btt concello de Ames.
A saída e chegada será do pavillón polideportivo de Bertamiráns, situado na estrada de Negreira .
O diseño do percorrido ten duas partes ben diferenciadas. Unha primeira na cal pisase algunha que outra pista asfaltada (tramos de enlace). Saese do pavillón e pasase por Caroubáns, Pegariños, Castiñeiro do Lobo e Carballo. Dende a saída xa se empeza a subir e será continua cuns 7 km para ir entrando en calor. Logo descenderase ata Oca para continuar ata o río Tambre por unha boa baixada . A continuación hai uns 4 km de sendeiro pegados ó río ata chegar á praia fluvial de Tapia, onde realizarase un avituallamiento solido - líquido ós 15 kilómetros .Neste tramo do río hai un paso dunhas rocas que se debe facer coa bici ó lombo .
No segundo tramo empeza a subida máis dura que ten ó percorrido xa que ascenderase ata os Montes da Ameixenda, zona do antiguo basurero. É unha subida por pista ancha e que da pe a facela a ritmo. Unha vez arriba baixase cara a aldea de Cortegada e seguirase polo monte ata enlazar co camiño que vai ó alto do Monte San Marcos, en onde (si o dia o permite) divisaremos todo o val da Mahía. Dende este punto descendese por unha pista bastante pedregosa, ata preto de Proupín e desde aquí todo polo monte cara zona de Lombao, Ventosa....Dende este punto afrontarase a derradeira subida (bastante suave) ata o alto de Aldea Nova para logo descender ata cerca das pateiras por unha pista que será unha delicia para moitos. Logo tramo final ata o pavillón dun km máis ou menos.
O número de conta para a incripcion é 01822374240201518522 do BBVA,concepto MARCHA BTT VAL DA MAIA e o nome do ciclista. A continuación enviar o resgardo xunto cos vosos datos e número de licenza si se posue ou no seu defecto dni a: ccagc2000@yahoo.es O importe da marcha son 10 euros federados e 22 euros non federados (10 inscripción 12 seguro federación).A incripción ó mesmo dia da marcha incrementarase en 2 euros, 150 ciclistas como máximo.



No hay comentarios: