miércoles, 7 de septiembre de 2011

XII edición da Marcha cicloturista BTT “San Froilán”.

O Clube Ciclista Correcamiños Lugo organiza a XII edición da Marcha cicloturista BTT “San Froilán”.
Este ano farán unha ruta totalmente inédita, e moi divertida, sempre coa intención de ofrecer novos lugares que coñecer sen necesidade de alonxarse moito da cidade. Unha por antigas corredoiras e congostras cheas de encanto. Como en anos anteriores, as inscripciones efectuaranse por Internet, atoparedes o necesario para elo na súa web: www.correcaminoslugo.com
PROGRAMA
Domingo 25 de septembro:
8:30 a 9:15 horas: Entrega de dorsais.
9:30 horas: Saída dos participantes do Polideportivo de O Palomar.
14:00 horas: hora prevista de chegada dos participantes.
15:00 horas: Comida para os participantes, acompañantes e organización no Restaurante “Los Robles”.
A marcha está aberta a todo ciclista maior de 15 anos en posesión da licenza federativa en vigor. Quén non tivera licenza deberá obter obrigatoriamente un permiso temporal concedido pola Federación, ó realizala inscripción, tendo que pagar un suplemento de 12 € aparte da inscripción.
A cuota de inscripción será de 20 €, e da dereito ós seguintes servizos:
- Avituallamento durante a ruta.
- Servizo de asistencia médica en ruta co persoal de Protección Civil.
- Vehículos de apoio todoterreo motocicletas.
- Asistencia mecánica en ruta con mano de obra gratuita (o prezo das pezas e recambios serán por conta do participante), prestada por MTC Bicis.
- Servizo de duchas ó remate da ruta.
- Servizo de lavado a presión de bicicletas ó rematala ruta.
- Comida para os participantes e acompañantes.
A cuota de inscripción para os acompañantes será de 20 €.
Non se aceptará ningunha inscripción a partir das 0:00 horas do día 22 de septembro
Para poder garantir unha boa organización limitan o número de participantes a 150
Recordos conmemorativo da marcha :
·Trofeo ó participante máis veterán.
·Trofeo ó participante máis xoven.
·Trofeo ó participante máis lonxano.
·Trofeo ó clube máis numeroso.
·Trofeo a todolos clubes con ó menos 5 participantes.
·Recordo especial para as participantes femeninas.

No hay comentarios: