domingo, 4 de septiembre de 2011

V EDICIÓN DO DÍA DA BICICLETA DE NEGREIRA

O vindeiro 17 de Setembro é a data sinalada no calendario barcalés , para a celebración da 5ª edición do día da bicicleta de Negreira . A hora de concentración será ás 10:00 na explanada do Instituto Xulián Magariños , estando prevista a saída para os máis pequenos a iso das 10:30 , e a dos maiores ás 11:00 . Está aberta a participación de todo o mundo sen límite de idade . O percorrido dos pequenos será de 1,2 kilómetros e a distancia para o resto é de 10 kilómetros . O uso do casco é obrigatorio . Entre os participantes , ademáis da camiseta conmemorativa e o reparto dun merecido refrixerio , sortearanse entre outros agasallos dúas magníficas mountain bikes cedidas por motos Antelo e comercial Vigo . Para anotarse dirixirse á Delegación de Cultura e Deportes do concello de Negreira , ou no teléfono 981 885 886 , ou ben no enderezo de correo electrónico culturadeportes@concellodenegreira.es .

No hay comentarios: