O Concello de Cee en colaboración co Club Ciclista Cee organiza a I Volta MTB “Terra Neria”, que se celebrará o vindeiro 2 de Outubro. A hora de saída será ás 9.30 desde o Pavillón Polideportivo.
- Percorrido: terá unha distancia total de 43kms de dificultade media. A parada no avituallamento será obrigatoria, onde se reagrupará aos participantes. Os derradeiros 15kms serán libres.
- Inscricións: na Delegación de Deportes do Concello de Cee, chamando por teléfono ao 981.745.100 ou no enderezo de correo electrónico deportes@concellodecee.es . A data límite de inscrición é o 20 de setembro.
- Custo: a ruta terá un custo de 5€, que serán ingresados na seguinte conta de Nova Caixa Galicia: 2091-0022-73-3000154494. O xustificante do pago enviarase por fax ao Concello de Cee ou por correo electrónico á dirección indicada con anterioridade.
- Participantes: o número de participantes estará limitado a un máximo de 180. A idade mínima para poder participar será de 16 anos (con autorización dos pais ou titores ata os 18). Será obrigatorio o uso de casco.
- Servizos aos participantes: avituallamento, comida, duchas, asistencia sanitaria e lavado de bicicletas.
Ao final da proba haberá entrega de trofeos nas distintas categorías.
Para máis información: clubciclistacee@gmail.com
domingo, 14 de agosto de 2011
I Volta MTB "Terra Neria" (Concello de Cee)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario