sábado, 6 de agosto de 2011

8ª Ruta BTT Concello de Vimianzo


Xa está aquí unha nova edición da Ruta BTT Concello de Vimianzo. Este ano a marcha será o sábado 27 de agosto. A partir das 15:30 farase a entrega de dorsais. A saída está prevista para as 16:30 da Praza do Concello. Coma sempre a zona de estacionamento será no patio do pavillón (onde nos poderemos duchar). O percorrido farase sobre a base do ano pasado con pequenas variacións (uns 40 quilómetros se o facedes íntegro, sen variantes).
A principal novidade deste ano é que haberá que abonar 5€ para participar. As inscricións rematan o día 23 de agosto. Se quedan prazas libres permitirase anotar o mesmo día da ruta pero neste caso os inscritos terán que abonar 10€ e non terán dereito a agasallo. Unha vez feito o abono no número de conta 00306079140000505272 haberá que enviar o recibo de pago xunto cos datos do solicitante a deportes@vimianzo.es

No hay comentarios: