sábado, 4 de junio de 2011

I MARCHA MOUNTAIN BIKE BIERZO 151

MAILLOT QUE REGALAN ÓS INSCRITOS NA MARCHA
O vindeiro 2 de xullo de 2011 , ás 8:00 terá lugar a I MARCHA MOUNTAIN BIKE BIERZO 151 .
Os do novo club Bierzo 151 ofrecenmos unha aventura polas terras de "O Bierzo". O Bierzo é grande, duro e bonito para disfrutar de estos retos e compartilos con todos os amantes deste mundillo que nos une.
Queren ser un club máis e o único que pretenden é que se disfrute da paisaxe que eles llevan disfrutando toda a vida.
Neste percorrido que nos propoñen vaise disfrutar o máximo das montañas do Bierzo que son moi agradecidas en diversidad paisaxística.
A ciclabilidade do percorrido é do 100%, excepto 200 m. que son tan esixentes que será un reto persoal do participante.
A saída ata o km. 6 é por asfalto, bo momento para quentar e posicionarse para facer fronte á primera dificultade "Alto del Piornin". Os camiños son anchos na sua maioría, as ascensións ós "portos" son de terra compactada do tránsito dos 4x4; os descensos con precaución non presentan riscos.
Teremos posibilidade de pedalear xunto a minas de carbón a ceo aberto inactivas e minas baixo terra. As montañas mostrarán unhas vistas impresionantes (1700m.), paisaxes de ensueño, ríos de auga cristalina que invitan ó baño.
Todo isto e moito máis o podemos vivir si decidimos ir, "non deixes que cho conten".
Si os 151 km.se che fan eternos, propoñen unha alternativa antes de "tirala bici ": un percorrido que podes elexir en marcha no km.103 e chegar á meta con 115 km, deixando para outro ano os dous últimos picos .
¡Que ainda son moitos kilómetros!, ofrecennos outro recorte; no km. 65 (Quintana de Fuseros), desviarase para o "Recorrido máis corto", total 85 km.
Na meta esperanos un aperitivo para repoñer os hidratos de carbono perdidos.
Servizos para os participantes na I Marcha Mountain Bike Bierzo 151
En Bembibre, Zona de Meta:
· Masaxe
· Duchas
· Comida
· Autolavado de bicicletas gratuito no seu colaborador El Elefante Azul (Calle Los Juncos, s/n)
En Viñales (a 2km. de Bembibre): aparcamento de caravanas (con duchas e servizos).
En Albares de la Ribera (a 5km. de Bembibre): zona de acampada gratuita (con servizos e duchas). Lugar: Huerta Grande.
En la Ribera de Folgoso (a 7km. de Bembibre): polideportivo gratuito para dormir con sacos.
5 zonas de avituallamiento e mecánico, repartidas polo percorrido .
Abaixo vos deixo enlaces ó resto da información :

PERFÍL AQUÍ

PERCORRIDO AQUÍ

REGULAMENTO AQUÍ

INSCRIPCIÓNS AQUÍ

No hay comentarios: