sábado, 2 de abril de 2011

II MARCHA BTT CONCELLO DE LOUSAME

O CLUBE BTT O TREITO LOUSAME en colaboración co Concello de Lousame organizan a "II Marcha Cicloturista Btt Concello de Lousame" que terá lugar o Sábado 30 de Abril de 2011 pola tarde .
A ruta será de dificultad técnica e fisica de nivel medio alto e terá unha distancia aproximada de 40 km dos cales 2 km serán por carretera asfaltada(a maioria ó comenzo) e o resto por sendeiros,trialeiras e pistas de terra.
Realizarse un avituallamento líquido sen paradas e un segundo líquido e sólido aproximadamente no km 20 na ermita de San Cristovo (Ces), ó remate disfrutarase duns pinchos e algunha sorpresa máis (en especial para as mozas que se apunten) no Polideportivo Municipal.
A entrega de dorsais e firma de estatutos realizaranse a partir das 15:00 horas ata as 15:45 no "Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra" que está a 1 km do Concello de Lousame estando prevista a saida para as 16:00 horas.
Para apuntarse podese chamar ó teléfono 981820494 (de Lúns a Venrés de 9:00 a 14:00) ou ben á dirección de correo electrónico deporteslousame@gmail.com indicando nome e apelidos,d.n.i.,teléfono e lugar de procedencia con data límite o 27 de abril.
Ó límite de inscripción será de 300 participantes e a cuota de inscripción terá un módico prezo de 5 Euros a ingresar no número de conta 2091 0381 71 3040003248 do Club "BTT O TREITO LOUSAME" en NovaCaixaGalicia ou ben ó mesmo día da marcha a un prezo de 7 euros.
A inscripción da dereito á participación,un agasallo,servizo de lavado de bicicletas e duchas,servizo de recollida de bicicleta en caso de averia,ambulancia e un sorteo que fará a organización ó finalizala proba.

No hay comentarios: