miércoles, 20 de abril de 2011

2ª RUTA DE LOS GUIGURROS

A peña ciclista de Valdeorras organiza o vindeiro 15 de maio de 2011 a 2ª ruta btt os Guiguarros , coa colaboración do Barco de Valdeorras .
Para a inscripción poderase chamar ó teléfono 666 35 80 34 , ou  mandando un e-mail : xuventudeedeporteobarco@hotmail.com .
co nome e apelidos , d.n.i. , data de nacemento , teléfono e enderezo .
A saída será ás 10 da mañá da praza do concello , logo da recollida dos dorsais na oficina sita na mesma praza  , en horario de 8:00 ás 9:30 , ó mesmo tempo que se fará o pago da inscripción . A chegada será no pavillón municipal de Calabagueiros .
O percorrido será de 40 kilómetros , pero cunha indicación entorno ós 15 kilómetros para os que non queiran facela totalidade da proba .
Constará de dous avituallamientos con sólidos y líquidos .
O prezo será de 5 € ou de 10 para os que se queden ós pinchos , durante os cales se realizaran varios sorteos de productos típicos , entregaranse obsequios e procederase á entrega dunha serie de premios . Os pinchos que serán no pavillón darán comenzo unha hora despois da chegada do primeiro participante á meta .

No hay comentarios: